InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo pasará de 70 a case 2.000 colectores de...

O Concello de Vigo pasará de 70 a case 2.000 colectores de cor marrón

Tamén colacará 1.000 máis para a recollida de roupa, calzado e aceite.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo unificou os contratos de xestión sustentable e integrada de residuos dentro do novo marco europeo de economía circular, que licitará por 421,9 millóns de euros durante 10 anos, ampliables en dous máis.

Nunha rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, indicou que este xoves se aprobou en xunta de goberno o expediente de contratación de servizos para a xestión sustentable e integrada de residuos e afirmou que o contrato supón un “referente” que se basea na axenda local da FEMP e a Estratexia Española de Economía Circular, entre outras.

“Neste novo contrato agrupamos nun servizos de recollida e limpeza da cidade“, detallou o rexedor, que lembrou que ata o momento dispúñase de contratos diferenciados para os colectores verdes e papeleiras; os residuos urbanos e a limpeza viaria e de praias, e a recollida de reciclaxe e o mantemento dos seus colectores. Así, lembrou que o importe destes servizos sumaba 35 millóns de euros, aos que había que engadir 7,5 millóns de euros para a planta de tratamento de residuos de Sogama.

Neste sentido, resaltou que se optou pola unificación dos contratos “para conseguir os mellores niveis de reciclaxe” e apuntou que a Unión Europea esixe que en 2025 a recollida do colector verde e a dos de reciclaxe sexan equivalentes. “Neste momento o 86% da recollida é do colector verde e iso hai que reducilo ata o 50%”, subliñou Caballero, que avanzou que para iso será preciso “estender a utilización do colector marrón de residuos orgánicos”.

Así, pasarase de contar con 70 colectores marróns a 1.950 e colocaranse 1.000 máis para a recollida de roupa, calzado e aceite, así como 1.500 adicionais para a reciclaxe de vidro, papel, plástico e pilas. Abel Caballero tamén indicou que o 7,7% do contrato dependerá da cantidade de residuos recollidos.

Adicionalmente, o contrato contempla un investimento de 10 millóns de euros para renovar a frota de vehículos e de 5 millóns de euros para a de colectores, así como a necesidade de ofertar vehículos que recollan pola dereita, pola esquerda e por detrás. Tamén se valorará a incorporación de vehículos híbridos e eléctricos e buscarase garantir unha “estabilidade laboral” aos traballadores.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...