InicioCulturaInaugurada en Vigo unha mostra sobre o arquitecto Antonio Palacios con máis...

Inaugurada en Vigo unha mostra sobre o arquitecto Antonio Palacios con máis de 200 pezas, algunhas inéditas

Conta con tres percorridos nos que o público pode achegarse á produción arquitectónica, ás inquietudes artísticas e ás iniciativas culturais do artista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Museo do Mar de Vigo inaugurou este sábado a exposición ‘Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia’, coa que a Xunta rende homenaxe a este arquitecto e urbanista galego ata xaneiro de 2022.

A mostra, que conta con máis de 200 pezas, algunhas delas nunca expostas. Entre elas, atópase a réplica da maqueta do ‘Plan Palacios’ para a cidade olívica, elaborada para a ocasión por alumnado do IES Politécnico. A exposición permanecerá aberta de martes a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas. Sábados, domingos e festivos poderase visitar de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00.

Á inauguración acudiu o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen se referiu á “creatividade única” de Palacios, que lle permitiu deixar “unha pegada indeleble no imaxinario arquitectónico de Galicia”.

E é que, para o titular de Cultura da Xunta, o homenaxeado foi capaz de crear “unha marca propia” coa que “combinar vangarda creativa co modelo residencial galego”.

A exposición está comisariada, segundo informa a Xunta, polo catedrático de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Jesús Sánchez García. Conta con tres percorridos cos que o público pode achegarse tanto á produción arquitectónica como ás inquietudes artísticas e as iniciativas culturais de Antonio Palacios na súa traxectoria entre Galicia e Madrid.

ÚLTIMAS

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...