InicioSucesosDetido un septuaxenario que acoitelou á súa filla durante unha discusión

Detido un septuaxenario que acoitelou á súa filla durante unha discusión

Atoparon á vítima desorientada e confusa, sangrando abundantemente por unha ferida no costado.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a un veciño da cidade, A.J.M.V., de 73 anos de idade, como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa, despois de que acoitelase á súa filla no trancurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste luns, cando varias testemuñas alertaron da presenza dunha muller desorientada na Avenida de Beiramar.

Unha dotación desprazouse ao lugar e atopouse a unha muller vestida con bata e pixama, desorientada e confusa, e sangrando abundantemente por unha ferida no costado esquerdo. Aínda que inicialmente a muller era incapaz de falar, finalmente logrou explicar aos policías que fora atacada no seu domicilio.

Tras solicitar a presenza dunha ambulancia, que trasladou á ferida a un centro hospitalario, varios axentes foron á súa vivenda, na mesma Avenida de Beiramar, e atopáronse co pai da muller. Este explicou aos funcionarios que tivera unha discusión coa súa filla e que a atacou cun coitelo.

Segundo o seu relato, el atopábase descansando na súa cama, cando a súa filla, D.M.A., de 40 anos de idade, presentouse na habitación e abordouno para pedirlle diñeiro, xa que é consumidora de sustancias estupefacientes. Así se iniciou a discusión, na que o home acabou agredindo á súa filla.

Os axentes localizaron na cociña do domicilio a suposta arma do crime, un coitelo xamoneiro de 40 centímetros de folla. O home foi detido como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...