InicioSociedadeTraballadoras de residencias volven concentrarse para denunciar as súas condicións laborais e...

Traballadoras de residencias volven concentrarse para denunciar as súas condicións laborais e pedir máis recursos humanos e técnicos

Lamentan que a posición patronal está supeditada aos intereses de grandes grupos, como DomusVi.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadoras de residencias de maiores volveron a concentrarse, esta vez en Vigo, para seguir denunciando as súas condicións laborais, a falta de persoal nos centros xeriátricos, e reclamar novamente a negociación e firma dun novo convenio colectivo galego, tendo en conta que o anterior caducou a finais de 2019.

A secretaria da asociación Trega (Traballadoras de Residencias de Galicia), Maribel Barreiro, lamentou que este sector leva dous anos sen actualizar o seu marco de relacións laborais, en condicións salariais precarias, e con sobrecarga de traballo por escaseza de persoal.

Nese sentido, advertiu de que algunhas das empregadas nin sequera chegan ao salario mínimo, e lamentou que esas malas condicións non só xeran “secuelas físicas e psicolóxicas” no persoal, senón que se traducen nunha peor asistencia aos usuarios dos centros.

Maribel Barreiro proclamou que non só deben mellorarse as condicións salariais, senón dotar de máis recursos humanos e técnicos aos centros, e advertiu de que a Xunta “debe porse as pilas” porque, á fin e ao cabo, é a administración que fixa os cocientes de persoal e as condicións de prestación do servizo. Así mesmo, reclamou á Inspección de Traballo que actúe “como ten que ser”, e impoña sancións onde sexan necesarias.

Por outra banda, advertiu de que se incorpora a persoal sen a formación adecuada, e concluíu que “non se pode dar un bo servizo” cando hai enfermeiras que por cada hora nocturna de traballo apenas cobran 2 euros. “Os nosos maiores son cidadáns de primeira e non de terceira, e teñen dereitos”, subliñou.

NEGOCIACIÓN PARALIZADA

Mentres, a presidenta de Trega, Sonia Jalda, criticou a posición da patronal, que non acepta negociar o convenio e que está mediatizada polos intereses dos grandes grupos, como DomusVi.

“Despois da pandemia a situación empeorou, hai despedimentos e non se renovan contratos, e nin sequera podemos facer folga porque non se poderían cubrir os servizos mínimos“, denunciou, á vez que lembrou que, nos últimos dous anos, só celebráronse tres reunións para renovar un convenio que xa foi denunciado en novembro de 2019.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...