InicioSociedadeInvestigadores da UVigo estudan o uso dun insecto e métodos mecánicos para...

Investigadores da UVigo estudan o uso dun insecto e métodos mecánicos para controlar a invasora “uña de gato”

O estudo conclúe que estas ferramentas servirían para apoiar estratexias da xestión desta planta invasora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores da Universidade de Vigo avalían técnicas de control mecánico e a utilización dun insecto herbívoro para combater a uña de gato, unha planta invasora presente en moitos ecosistemas costeiros da Península Ibérica. Precisamente, a revista Journal of Environmental Management publicou un artigo sobre un dos proxectos nos que traballa o Laboratorio de Ecofisiología Vexetal da UVigo neste ámbito, segundo traslada a universidade.

O artigo foi asinado polos investigadores Noa Núñez-González, Luís González e Jonatan Rodríguez, e avalía a efectividade do control mecánico e a utilización dun insecto herbívoro para combater a uña de gato.

A este respecto, o estudo conclúe que a inoculación directa do insecto ‘Pulvinariella mesembryanthemi’ ou a súa combinación con técnicas de control podería apoiar estratexias da xestión desta planta invasora impulsadas por institucións no marco de programas de actividades de control e erradicación.

PROCURA DE ESTRATEXIAS

Administracións públicas, xestores do territorio e colectivos ecoloxistas traballan desde hai décadas na procura de estratexias para loitar contra esta planta, que invadiu un gran número de ecosistemas costeiros. Polo momento, non se identificou un método de eliminación eficiente, polo que os investigadores desenvolven estudos con este obxectivo.

Unha das principais metodoloxías aplicadas para erradicar a especie consiste nun arranque manual ou mecánico que permita desenraizar a planta. No entanto, os científicos advirten de que esta alternativa “pode aumentar o risco de dispersión de novos fragmentos noutras zonas non invadidas” dado que a planta conta con capacidade para enraizar “varios meses despois de ser arrincada”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...