InicioPolíticaO BNG pide ao Goberno que priorice a conexión ferroviaria Vigo- Porto

O BNG pide ao Goberno que priorice a conexión ferroviaria Vigo- Porto

Néstor Rego crítica que Sánchez esquecera citar a conexión do Eixo Atlántico pero si nomease a conexión Madrid-Lisboa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pediu ao Goberno do Estado que priorice a conexión ferroviaria que une a cidade de Vigo co Porto. O parlamentario rexistrou iniciativas no Congreso para coñecer os compromisos alcanzados no Goberno do Estado e o executivo portugués tras o cume hispano-luso celebrada en Trujillo.

Segundo informou o Bloque nun comunicado, a formación quere saber se se tratou de forma específica esta conexión entre Galicia e o norte de Portugal e se o Executivo estatal incluirá nos orzamentos xerais do Estado (PGE) partidas suficientes para levar a cabo o novo trazado e o impulso da modernización da liña ferroviaria Vigo-O Porto.

O BNG lembra que na comparecencia ante os medios, os presidentes dos dous Estados, Pedro Sánchez e Antonio Costa, fixeron pública a súa aposta polo tren e transporte sustentable pero non anunciaron compromisos concretos de investimento nin acordos sobre prazos.

O Bloque, que sinala que o presidente de Portugal mencionou nas súas declaracións que una das prioridades en materia ferroviaria era a conexión Vigo-O Porto, crítica que Sánchez “se esquecese” de citar a conexión do Eixo Atlántico pero si nomease a conexión Madrid-Lisboa. Por este motivo, a organización frontista quere saber se durante o cume, ambos os estados trataron de forma específica nas conversacións a modernización da conexión ferroviaria, tanto de viaxeiros como de mercadorías, entre Vigo e O Porto.

Ademais, pregunta sobre se o Executivo español “rectificará e incluirá nos orzamentos partidas especificas suficientes para acometer as obras de modernización e adquisición de máquinas e vagóns mellores, así como a ampliación de frecuencias”. “A modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e O Porto é vital por tratarse dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración das conexións entre Galicia e o norte de Portugal“, incide o BNG.

Néstor Rego crítica que proxectos como o saída sur de Vigo, a supresión dos pasos a nivel, a mellora do trazado e a dotación con sistemas de seguridade máis avanzados continúan sen contemplarse e sen ter partidas específicas. “O trazado do Eixo Atlántico segue sen avances, sendo un proxecto prioritario para garantir o futuro económico de Galicia”, salienta.

“É imprescindible a modernización e mellora do servizo desta liña”, subliña o parlamentario do Bloque, que incide en que esta actuación debe ir acompañada tamén da integración da liña de mercadorías Vigo-O Porto en Corredor Noroeste, garantindo o acceso a fondos europeos para o seu financiamento.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...