InicioSociedadeVigo, "campión galego" na espera para a atención cirúrxica: case un mes...

Vigo, “campión galego” na espera para a atención cirúrxica: case un mes por riba da media

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Vigo é a campioa, “por goleada”, na demora nas listas de espera para operacións cirúrxicas. O primeiro semestre de 2018 rexistrou unha espera media de 84,5 días, moi lonxe da media galega, por debaixo dos 60 días.

Todo segundo os datos da Consellería de Sanidade, que certifica como as menores esperas están a producirse na zona veciña de Pontevedra-Salnés, con 34,6 días, menos da metade que na área viguesa.

As enfermidades con maiores listas de espera a nivel galego son as que corresponden á traumatoloxía e a otorrinolaringoloxía; e as que sofren menores demoras son a cirurxía torácica e a xeral e dixestiva.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...