InicioSociedadeA Xunta cuestiona o trasvasamento do Verdugo a Eiras, plantexado no informe...

A Xunta cuestiona o trasvasamento do Verdugo a Eiras, plantexado no informe sobre abastecemento de auga á area viguesa

Propón tamén reforzar Eiras con outra presa e un transvasamento desde o Miño ao encoro de Zamáns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O informe realizado pola empresa PROINTEC (cofinanciado polo Goberno de España, a Xunta e o Concello de Vigo) sobre as posibles alternativas para mellorar e garantir o abastecemento de auga a Vigo e a súa comarca pon sobre a mesa tres posibles medidas, entre elas unha captación para transvasar auga desde o río Verdugo á presa de Eiras, que a Xunta cuestionou.

Así, o estudo técnico expón que se faga unha captación desde a confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo para transvasar auga á presa de Eiras, a que abastece á cidade de Vigo; así como outras actuacións complementarias, como o reforzo da condución desde a presa á cidade, duplicando esa condución no tramo coñecido como túnel de Amoedo.

Por outra banda, expón a posibilidade de construír outra presa, menor que a de Eiras, río arriba; e expón tamén unha alternativa para a presa de Zamáns (que abastece ao Val Miñor) e que consistiría en realizar un transvasamento desde o Miño a ese encoro.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, precisou en rolda de prensa que a captación desde o Verdugo sería unha medida para transvasar auga “só en caso de emerxencia”, como períodos de importante seca; mentres que a construción dunha segunda presa algo máis arriba da de Eiras quedaría como medida “a longo prazo”.

En todo caso, o rexedor olívico afirmou que as alternativas expostas pola empresa son unha “forma adecuada” de asegurar o abastecemento a Vigo e os municipios de ao redor “para os seguintes 100 anos” e non serán necesarias “grandes obras” para que a cidade teña garantido a subministración de auga potable.

RETICENCIAS DA XUNTA

Pola súa banda, a Xunta de Galicia sinalou que valorará “con ánimo construtivo” a viabilidade das propostas contidas no estudo, aínda que avanzou que, mentres que ve “adecuadas” as medidas do transvasamento a Zamáns e a construción dunha segunda prensa para reforzar a de Eiras, manifestou as súas “dúbidas” sobre a viabilidade do transvasamento desde o Verdugo, “especialmente en períodos de menor pluviosidade”.

En calquera caso, a administración autonómica insistiu en que analizará con detalle as actuacións propostas, así como a súa compatibilidade coas previsións de crecemento da demanda reflectidas no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (aprobado inicialmente a finais de agosto).

Por outra banda, advertiu de que reclamará que calquera actuación leve a cabo “previa remodelación da potabilizadora do Casal”, cuxas “deficiencias” deben emendarse con “urxencia”. Finalmente, o goberno galego sinalou que considera “un acerto” que o estudo descarte a proposta do Concello de “desconectar deste sistema de abastecemento a concellos como O Porriño ou Mos”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe a “paralización” da torre dixital de Peinador polos seus “riscos” tras detectarse “fallos técnicos”

O BNG de Vigo demandou a "inmediata paralización" da torre de control dixital de Peinador por...

Un choque entre un coche e un bus urbano en Castrelos deixa 9 feridos trasladados a hospitais

Unha colisión entre un turismo e un bus urbano, rexistrada na mañá deste luns...

Xúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Unha parella será xulgada este mércores, 25 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra,...

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...