InicioVigo e contornaVigoDetidos en Vigo dous homes que levaban droga no interior do seu...

Detidos en Vigo dous homes que levaban droga no interior do seu coche e varias armas brancas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous homes foron detidos en Vigo tras descubrirse droga no interior do vehículo no que viaxaban e no que levaban tamén varias armas brancas, segundo informa a Policía Local.

A detención produciuse na madrugada do día 30, ao redor das dúas da madrugada, durante un control de seguridade e tras comprobar que figuraba a perda de vixencia do permiso de conducir do titular do coche.

Tras un seguimento do vehículo, ordenouse ao seu condutor que parase. Alí, identificouse os ocupantes, un home, de 47 anos, residente en Fornelos de Montes, e outro, de 31 anos e veciño de Vigo.

No rexistro do maleteiro, acháronse seis landras de cannabis e catro tabletas desta mesma sustancia, cun peso aproximado da mercadoría de medio quilo, xunto con diversas armas brancas.

Por outra banda, os axentes tamén detiveron a un veciño de Vigo, de 46 anos, por extracción ilegal dun quilo de percebes. Sobre o pesaba tamén unha orde de procura e detención para a súa personación nun xulgado.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...