InicioVigo e contornaVigoA Ría de Arousa e a Ría de Vigo destacan pola súa...

A Ría de Arousa e a Ría de Vigo destacan pola súa contaminación

Ecoloxistas en Acción denuncian a mala situación das masas de auga costeiras das Rías Baixas, o que se reflicte nos informes de Miterd.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Contaminación química, nas augas da contorna de Moaña, e contaminación orgánica en Vilagarcía son os datos que salientan os informes de Miterd. Dende Ecoloxistas en Acción resaltan como as verteduras contaminantes non só danan o medio mariño e as zonas de Rede Natura, senón que pode afectar gravemente á acuicultura e ao marisqueo. Por iso, denuncian a mala situación na que se atopan as masas costeiras das Rías baixas, en concreto a Ría de Vigo e a Ría de Arousa.

“Unha das afeccións máis cotiás é polo alto nivel de bacterias asociadas ás verteduras de augas de refugallo urbanas e que indican o grao de contaminación fecal. Pero tamén hai que ter en conta o envelenamento das augas por altas concentracións de metais pesados, substancias haloxenadas, hidrocarburos aromáticos policíclicos…. procedentes da nula ou mala xestión dos residuos industriais“, apuntan dende a asociación ecoloxista.

Ante a situación na que se atopan estas augas, Ecoloxistas en Acción recorda que as rías Baixas son importantes produtoras de mariscos. Ante isto, sinalan que segundo o programa de seguimento denominado BM-bio de Miterd, que avalía o impacto dos lixos na biota mariña, se atopan micropláscticos no 96% dos mexillóns analizados e no 100% dos cetáceos varados. “A incorporación, xa sexa accidental ou intencionada, de certos contaminantes, pon en risco a calidade das augas onde se engordan estes bivalvos”, apundan dende a asociación, que recorda que os mexillóns, principal cultivo da zona, son organismos filtradores de grandes cantidades de auga e que neste proceso acumulan contaminantes.

“A pesar disto, o propio Miterd recoñece que o número de contaminantes avaliados non cubre todos os lexislados para os produtos de pesca e que o número de especies analizadas que cumpren os criterios non é representativo do total de especies destiandas ao consumo humano”, engaden dende a asociación.

A contaminación por microplásticos e macroplásticos concéntrase en zonas de acumulación de presións de achega de lixos como grandes urbes ou zonas de concentración industrial. Pero máis alá disto, tamén se debe ter en conta como o tráfico de buques tamén produce que as augas das rías se vexan contaminadas por óxidos de xofre, de nitróxeno e outras materias provintes dos combustibles utilizados, que contribúen á contaminación atmosférica e a unha mala calidade do aire.

Porén, dende Ecoloxistas en Acción lamenta que a pesar de que Miterd recoñece a contaminación polos gases dos buques, non obriga aos portos a realizar plans de prevención e control e critican que as administracións presuman de bandeiras azuis “como se estas foran un galardón á súa boa xestión ambiental”

ÚLTIMAS

O condutor do coche que se precipitou ao mar en Domaio, cuxa acompañante apareceu morta, acelerou “notablemente” antes de caer

O condutor do coche sinistrado no Paseo de Domaio, en Moaña, "acelerou notablemente" antes...

Investigan a aparición dunha muller falecida tras caer nun coche ao mar en Domaio

A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida dunha muller,...

Nova concentración na praia do Vao para reclamar “acceso libre” á illa de Toralla

A praia do Vao en Vigo acolleu este sábado un novo acto reivindicativo, organizado...