InicioSociedadeO Porto de Vigo reclamará unha indemnización ao Concello de Cangas do...

O Porto de Vigo reclamará unha indemnización ao Concello de Cangas do Morrazo polo non mantemento dun paseo

Jesús Vázquez Almuíña sinala que a Administración local asinou un convenio de colaboración que a "obrigaba a asumir o seu mantemento".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo reclamará unha indemnización por danos e prexuízos ao Concello de Cangas do Morrazo ante os traballos de mellora e mantemento levados a cabo no paseo de Salgueirón.

Precisamente, este venres o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, visitou o estado actual do paseo, segundo detallou o Porto nun comunicado.

En concreto, as obras arrincaron o pasado 31 de maio, tras “a negativa do Concello de Cangas a facerse cargo do mantemento deste espazo” a pesar de que “estaba obrigado a iso como consecuencia dun convenio de colaboración subscrito entre ambas as partes”.

De feito, en senllas reunións mantidas en abril e maio coa alcaldesa de Cangas, Vitoria Portas, Almuiña trasladou “a urxencia de acometer estes traballos”. Así, o presidente do Porto lembrou que o paseo do Salgueirón foi entregado en 2015 á Administración local, coa que se asinou un convenio de colaboración que a “obrigaba a asumir o seu mantemento”.

No entanto, o Porto remarcou que o Consistorio “nunca levou a cabo” traballos no paseo, polo que a primeira institución contratou o arranxo do mesmo “ao entender que os cidadáns de Cangas non tiñan por que padecer a falta de mantemento deste espazo”. Así, avanzou que reclamará ao Concello danos e prexuízos por uns traballos aos que destinou 45.000 euros.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...