InicioVigo e contornaA quinta vaga dispárase en Vigo con case 300 contaxios nun só...

A quinta vaga dispárase en Vigo con case 300 contaxios nun só día

A zona olívica supera os 4.000 casos activos e segue como a máis afectada de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A evolución da Covid-19 en Galicia mantén á alza os principais indicadores e os novos contaxios repuntan a 1.300, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 266, oito máis, deles 30 en UCI, e os casos activos superan os 18.000. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 13,4%, aínda moi por riba do 5% que recomenda a OMS. 

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI soben a 30 –cinco máis– e a 236 as que se atopan noutras unidades –tres máis–, mentres que 17.795 pacientes permanecen no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, aumenta en tres das sete: Vigo, Lugo e Ferro; mantense nas da Coruña e Cee e Santiago e Barbanza; e alíviase lixeiramente nas de Ourense, e Pontevedra e O Salnés. En concreto, na de Vigo aínda que continúan catro pacientes Covid en UCI aumentan a 45 os hospitalizados noutras unidades –seis máis–; só por detrás da de Ourense.

MÁIS DE 18.000 CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, suman 34 xornadas consecutivas de aumento e sitúanse en 18.061, que implican 763 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.300) que altas (534), ás que se suman tres óbitos. Con respecto a fai sete días, a Comunidade galega rexistra unhas 6.000 infeccións activas máis que o pasado martes, 20 de xullo, cando había 12.037.

No caso vigués, os casos activos dispáranse tras rexistrar 276 dos 1.300 de Galicia, unha cifra que eleva en 283 o cómputo total de casos na área olívica, segundo informa Europapress, e que sitúa á zona viguesa como a máis afectada de Galicia en termos absolutos, ao chegar aos 4.348 casos.

En canto á taxa de positividade das PCR a nivel autonómico, descendeu a un 13,4 por cento tras iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Por tanto, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata hai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...