InicioVigo e contornaVigoA CIG acusa ao Porto de Vigo de "estar deixando morrer" os...

A CIG acusa ao Porto de Vigo de “estar deixando morrer” os estaleiros de Vulcano

Aseguran que o ente, comandado polo ex-conselleiro de Sanidade Almuiña, non está permitindo ao estaleiro desenvolver "a súa pouca carga de traballo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo episodio na problemática do naval na ría de Vigo. Na mañá deste martes tivo lugar unha xuntanza entre os sindicatos CIG, CCOO e UGT e a patronal ASIME para tratar unha cuestións que, de non ser atalladas, poderían derivar na “desaparición” de estaleiros históricos como o de Vulcano, segundo apuntan dende a Confederación.

A CIG celebra a reunión coa patronal pero asegura que chega “moi tarde” e despois de que a central estivera “anos” advertindo dunha crise sectorial que deixa o naval de Vigo “en grave risco de desaparición”. Precisamente, a intervención do sindicato nacionalista na mesa coa patronal xirou arredor das propostas para reverter esta parálise que ameaza con afundir unha industria antano punteira.

Xulio Fernández, secretario comarcal de CIG-Industria, apuntou neste aspecto á patronal a importancia de “facer do naval un sector atractivo” para evitar a fuga de man de obra e recuperar traballadores cualificados; circunstancia que iría paralela a unha mellora das condición laborais e salariais, “empobrecidas” polos últimos convenios a ollos do da CIG.

Do mesmo xeito, expuxo a importancia de paralizar o ERTE de Barreras “xa que a súa aplicación aboca irremediabelmente á desaparición deste estaleiro”, e darlle carga de traballo a un estaleiro centenario como a antiga Vulcano, “que se está deixando morrer con complicidades manifestas”. Neste aspecto, apunta directamente ao Porto de Vigo por “impedir o desenvolvemento da pouca actividade que aínda ten en reparación e construción”.

Xunto a isto, o secretario da CIG-Industria demandou o cese da “represión sindical” denunciada semanas atrás e que supostamente tería tido lugar “contra compañeiros e compañeiras que están decididamente loitando pola non desaparición dos seus postos de traballo e por salvar o naval na ría de Vigo”. Unha persecución exemplificada no inxusto despedimento do delegado da CIG en Barreras, Rafa Pérez.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...