InicioEconomíaO centro comercial Vialia Vigo contará cunha boleira entre as súas opcións...

O centro comercial Vialia Vigo contará cunha boleira entre as súas opcións de lecer

Abrirá as súas portas no mes de setembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro comercial Vialia Estación de Vigo, que abrirá as súas portas no próximo mes de setembro, contará cunha boleira entre as súas opcións de lecer. O centro, xestionado por Nhood e cun 90% da superficie comercializada, tamén contará coa tenda multimarca ‘NEW YORKER’, o restaurante ‘Brasa e Leña’ e a tapería galega ‘Chuliña’.

A empresa Sertronic Lecer S.L, inaugura o seu novo espazo de entretemento situado na planta alta do centro comercial que disporá de 722 metros cadrados de superficie.

A boleira contará con seis pistas de birlos profesionais Brunswick, ademais de billares, futbolíns e máquinas de habilidade de última xeración. Todas estas propostas son aptas para todas as idades e deseñadas para gozar con familiares ou amigos.

Entre as novas opcións gastronómicas, Vialia Vigo incorpora a churrasquería Brasa e Leña que estará situado na planta alta do centro comercial e contará con 278 metros cadrados.

O restaurante especializado en carnes á brasa ao estilo brasileiro denominado ‘Rodizio’ ofrecerá aos seus clientes carnes de pito, porco e tenreira asadas a lume lento con distintas guarnicións. Ademais, todos aqueles que o desexen, poderán repetir cantas veces queiran.

A tapería Chuliña aterra no centro comercial vigués para ofrecer aos seus clientes unha gran variedade de pratos típicos galegos como polbo á feira, lacón con grelos ou empanadas galegas. O restaurante estará situado na planta baixa e contará con 155 metros cadrados.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...