InicioVigo e contornaVigo ponse á cabeza de Galicia en novos contaxios con 50 infeccións

Vigo ponse á cabeza de Galicia en novos contaxios con 50 infeccións

Con todo, a área olívica segue moi por detrás da Coruña a nivel de casos activos.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia por sexta xornada consecutiva e sitúanse en 1.579, mentres que os novos contaxios mantéñense por encima dos 120, con 121, e continúan 52 pacientes hospitalizados debido a este coronavirus.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, descenden a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid –dúas menos– e aumentan a 40 as que permanecen noutras unidades –dúas máis–. Pola súa banda, 1.527 pacientes están en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Ourense e na de Pontevedra e O Salnés; aumenta nas da Coruña e Cee e Vigo; e mantense nas de Santiago e Barbanza, Ferrol e Lugo. No caso olívico, a conta mantense cunha persoa en críticos e outra nunha unidade de hospitalización convencional –un máis, xa que na xornada pasada non había ningún–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid por sexta xornada consecutiva aumentan e sitúanse en 1.579 en Galicia, 72 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (121) que altas (48), ao que se suma un falecido. Por tanto, sitúanse en niveis da segunda quincena de agosto do ano pasado.

Vigo sitúase á cabeza con 37 novos casos activos nunha xornada en que a conta total medra en todas as áreas sanitarias de Galicia. Así, a área olívica queda moi por diante de Pontevedra e O Salnés (+12), A Coruña e Cee (+8), Ourense (+5), Santiago e Barbanza (+5), Lugo (+4) e Ferrol (+1).

O mesmo acontece cos novos contaxios, nos cales a área viguesa lidera con 50 fronte os 25 da Coruña, os 17 de Pontvedra ou os 10 de Lugo. Con todo, a área Coruña e Cee mantense á cabeza con 499; seguida da de Vigo, con 256; Pontevedra e O Salnés, con 238; Lugo, con 193; Ourense, con 170; Santiago e Barbanza, con 153; e a de Ferrol continúa á cola, con 70.

En canto á taxa de positividade a nivel galego, mantense nun 3,28% tras iniciar a semana nun 3,5%, despois de reducirse ao 2,7% o pasado domingo. O venres 25 de xuño excedeu a barreira do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, umbra que non se superou desde o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia no conxunto da Comunidade galega ascenden a 2.436 ao notificar Sanidade un óbito este luns tras tres xornadas sen vítimas. En concreto, este falecemento correspondeu a un home de 47 anos que se atopaba hospitalizado na Coruña. A morte deste home, que permanecía ingresado no Chuac e tiña patoloxías previas, foi notificada na tarde deste luns, aínda que se produciu na xornada do domingo 27.

Pola súa banda, 125.486 pacientes curáronse deste coronavirus en toda Galicia, que representan 48 persoas máis que as rexistradas ata a xornada pasada.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...