InicioSociedadeElude prisión o exadministrador dun colexio de Vigo que admitiu abusar de...

Elude prisión o exadministrador dun colexio de Vigo que admitiu abusar de dúas alumnas

O home realizoullle tocamentos no peito e no cu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, exadministrador dun colexio de Vigo, Jorge G. M., aceptou dous anos de prisión como autor de dous delitos continuados de abusos sexuais sobre dúas irmás, alumnas do centro, aínda que eludirá o ingreso no cárcere tras chegar a un acordo coa Fiscalía, que inicialmente pedía para el penas que sumaban oito anos de prisión.

Nunha vista de conformidade celebrada na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, o acusado admitiu os abusos e o tribunal aplicoulle as circunstancias atenuantes de reparación do dano e confesión.

Así, foi condenado a un ano de cárcere por cada un dos dous delitos e impor a pena de inhabilitación para calquera profesión ou oficio no que haxa contacto con menores durante cinco anos. Por outra banda, aplicóuselle tamén a medida de liberdade vixiada durante cinco anos e a prohibición de achegarse ou comunicarse coas vítimas por outros cinco anos.

A sala acordou a suspensión da condena por cinco anos, a condición de que o procesado non delinca nese período e non quebrante as medidas impostas.

FEITOS

Segundo o escrito de acusación pública, as irmás acudían á Aula Matinal do colexio no curso 2018-2019, antes do inicio do horario lectivo e, con frecuencia, cando chegaban ao colexio aínda non estaba a profesora encargada, polo que o acusado quedaba con elas.

Neses momentos aproveitaba para darlles losqueadas e tocarlles o cu, e para realizarlles tocamentos no peito por encima da roupa, mentres lles dicía que eran as súas “favoritas”.

Ao curso seguinte, unha das irmás xa non estaba no centro, pero o acusado mantivo a súa actitude coa outra nena, á que mesmo chegou a meter a man por dentro da roupa, polo escote. Os feitos mantivéronse ata que foron denunciados ante o colexio, en febreiro de 2020, e o home foi despedido.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...