InicioVigo e contornaVigoChoca contra varios vehículos estacionados mentres conducía baixo os efectos do alcol...

Choca contra varios vehículos estacionados mentres conducía baixo os efectos do alcol en Vigo

Os axentes identificaron o condutor e constataron que presentaba signos de atoparse baixo os efectos do alcohol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 43 anos domiciliado en Vigo, C.P.B., foi denunciado tras chocar contra varios vehículos estacionados mentres conducía baixo efectos do alcol na urbe olívica. Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar sobre as 00,45 horas deste luns, cando a sala de comunicacións do 092 foi alertada de que un condutor perdera o control do seu turismo e chocara contra os vehículos estacionados na rúa Riomao.

Unha vez no lugar, os axentes identificaron o condutor e constataron que presentaba signos externos de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, polo que lle realizaron as probas preceptivas. Os resultados foron positivos, de 0’67 e 0’74 mg/l de alcol por aire expirado, o que excedía o límite penal establecido, polo que foi denunciado.

Por outra banda, ao redor das 2,14 horas deste sábado, axentes que realizaban labores de control na avenida dás Camelias deron o alto un turismo que circulaba coa iluminación apagada e identificaron o seu condutor, un mozo domiciliado en Vigo de 22 anos, M.L.F.

Ao ser sometido ás probas de alcoholemia, arroxou resultados positivos de 0’70 e 0’67 mg/l de alcol por aire expirado, o que excedía o límite penal establecido, polo que foi denunciado.

ÚLTIMAS

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...