InicioSociedadeCase 400 comercios de Vigo adhírense á campaña "Días azuis" para a...

Case 400 comercios de Vigo adhírense á campaña “Días azuis” para a “dinamización económica”

Uns 11.000 vigueses xa teñen o Bono Activa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este xoves na cidade, xunto ao presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a campaña “Días Azuis” do comercio, que se organiza en colaboración con Abanca e á que se adheriron 385 establecementos da urbe olívica.

Fernández-Tapias destacou no acto o “compromiso” do goberno autonómico co comercio de proximidade, “chave” para a dinamización económica de pobos e cidades, tras “un ano difícil marcado pola Covid”.

Esta campaña de apoio ao comercio, que finaliza o próximo 30 de xuño, enmárcase no plan de medidas da Xunta, no que tamén se inclúe o Bono Activa Comercio, que ofrece 30 euros de desconto para compras en establecementos locais. Na cidade olívica, os comercios adheridos á campaña son 385 e hai 10.923 pesonas que dispoñen do bono desconto.

Esas cifras, destacou a representante da Xunta, son “síntoma de que os vigueses e viguesas aprecian a calidade e o trato personalizado que ofrece o comercio de proximidade”, e puxo en valor a “capacidade de adaptación” dos negocios á actual situación de pandemia, “xerando confianza entre os clientes”.

C&A E VERDECORA

Por outra banda, a  firma téxtil C&A e a marca Verdecora, especializada en xardinaría, abrirán tendas no centro comercial Vialia Estación de Vigo, cuxa inauguración está prevista para setembro de 2021.

Deste xeito, Verdecora, que conta con 13 locais por toda España, aterra por primeira vez en Galicia con este establecemento na cidade olívica.

Segundo informou o centro nun comunicado, C&A situarase na planta alta, nun espazo con 1.565 metros cadrados de superficie, “cunha decoración inspirada na natureza e un establecemento máis sustentable co medio ambiente”.

Pola súa banda, Verdecora ofrecerá, nun espazo de 1.558 metros cadrados de superficie, produtos e mobiliario de xardinaría, plantas interiores e exteriores, servizos e accesorios para mascotas e mesmo produtos de alimentación veganos e cosmética natural, entre outros.

 

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...