InicioVigo e contornaMosA cidade deportiva do Celta segue acumulando denuncias por "prevaricación"

A cidade deportiva do Celta segue acumulando denuncias por “prevaricación”

'Afouteza' podería ter sido construída sobre chan non urbanizable, segundo os denunciantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo episodio na polémica da cidade deportiva que o Celta de Vigo está a erixir no concello de Mos. Meses atrás a Comunidade de Montes do Tameiga levou ante a fiscalía as supostas “ilegalidades” da construción, que, segundo destacan, podería ter comezado a súa construción excedendo as licencias municipais concedidas e sobre chan non urbanizable.

Esta primeira denuncia da CMM veu seguida pola Asocicación veciñal da Portela –tamén no Tameiga–, que incidiu novamente cunha petición á Fiscalía para que abrira dilixencias “por delitos de prevaricación administrativa e contra a ordenación do territorio”.

Agora é Ecoloxistas en Acción quen vén de alertar ao ao Comisariado da XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo que a cidade deportiva do Celta foi denunciada “por estar proxectada sobre solo rústico de especial protección forestal” e, “unha vez máis, pola evidente separación entre o construído e a licencia municipal outorgada”.

A alerta de Ecoloxistas en Acción vén de chegar despois de que a Bienal gabase o proxecto arquitectónico do Celta, que chegou mesmo a ser finalista do Certame. Por esta razón, A asociación ecoloxista lembrou a este Comisariado que as instalacións en cuestión teñen xa “varias denuncias”.

Tal e como subliñan, a fiscalía de Vigo incoou expediente xa ante as denuncia de “ilegalidade” destas obras por parte da Asociación Veciñal A Portela. A Comunidade de Montes de Tameiga tamén interpuxo querela por prevaricación pola concesión das licenzas. E, finalmente, foi Ecoloxistas en Acción o derradeiro en denunciar estas instalacións ante a Axencia galega pola protección da legalidade  urbanística.

“Estes galardóns premian unha arquitectura respectuosa  e amable co ambiente e sen embargo a construción da Cidade Deportiva do Celta supón a deforestación de varias  hectáreas de bosque dos montes comunais da parroquia de Pereiras en Mos e a destrución ou afección de diversos pozos e mananciais dos que se abastecen de auga unhas 5.600 persoas mancomunadas nas Traídas de Augas afectadas” denuncia Catalina Coya, membro de Ecoloxistas en Acción e secretaria da Asociación vecial A Portela de Tameiga. Polo tanto, piden que o proxecto sexa expulsado do certame en atención ás denuncias ata o momento formuladas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...