InicioMedio Ambiente e PatrimonioA restauración da igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia recibirá...

A restauración da igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia recibirá 900.000 euros

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou que a intervención neste mosteiro será "a maior aposta da Xunta" este ano en materia de patrimonio na provincia de Pontevedra "e unha das máis importantes de toda Galicia".

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia prevé investir case 900.000 euros en restaurar a igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, para mellorar as condicións de humidade e resolver problemas derivados da súa falta de mantemento.

Así anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, durante unha visita realizada este sábado a esta infraestrutura distinguida como ben de interese cultural (BIC) e situada no Camiño Portugués pola Costa.

Desde alí, acompañado da alcaldesa, Cristina Correa, Rodríguez destacou que a intervención neste mosteiro será “a maior aposta da Xunta” este ano en materia de patrimonio na provincia de Pontevedra “e unha das máis importantes de toda Galicia”.

Non en balde, aproveitou para reivindicar que as contas da Administración autonómica levan este ano un incremento do 19 por cento nos fondos destinados ao patrimonio. “Queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis singular“, resumiu Rodríguez.

O responsable de Cultura da Xunta explicou que as actuacións no Mosteiro de Santa María de Oia, unha das “xoias patrimoniais” da Comunidade galega, desenvolveranse “en pleno Ano Santo”.

Neste sentido, concretou que agora se están completando os trámites administrativos para a súa licitación nas próximas semanas e, unha vez adxudicada, a obra terá un prazo de ejecucion de nove meses.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...