InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs microplásticos, o principal problema da ría de Vigo

Os microplásticos, o principal problema da ría de Vigo

O proxecto Bewats monitorea a procedencia e o destino dos residuos utilizando drones e satélites.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Bewats (Beach Waste Tracking System), impulsado por investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) xa conta con avances destacados, segundo Fernando Martín, do Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual (GPI-RV) da UVigo.

A iniciativa, que botou a andar en decembro de 2019, ten como obxectivo buscar ferramentas innovadoras para a monitoraxe da orixe, do percorrido e do destino do lixo mariño a través de imaxes de satélites e drones co fin de controlar e frear a chegada destes residuos aos ecosistemas mariños.

A AMEAZA GLOBAL DOS PLÁSTICOS

O lixo mariño e, en particular, os residuos plásticos supoñen unha seria ameaza global para os ecosistemas, tanto pola gran cantidade que chega aos mares e océanos como pola súa composición, xa que poden tardar ata 1000 anos en biodegradarse.

De feito, a maior parte do lixo que se rexistra e recolle nos areais son microplásticos, o que dificulta en gran medida a súa recollida debido ao seu tamaño.

PROXECTO CENTRADO NAS RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRA

O proxecto, financiado polo programa Pleamar 2019 da Fundación Biodiversidade, céntrase nas rías de Vigo e Pontevedra, incluíndo o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

“Ás costas galegas chegan refugallos mariños, principalmente plásticos, impulsados polas fortes correntes oceánicas”, explican os investigadores. “Estes restos provocan graves impactos nos ecosistemas mariños, na saúde humana e perdas importantes nunha economía como a galega que vive do mar”, continúan.

Así, a través de Bewats trátase de “buscar solucións a esta problemática e establecer estratexias de limpeza máis eficientes utilizando novas fontes de información”, defenden dende o grupo investigador.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...