InicioSociedadeA veciñanza de Teis reclama un monte da Guía con árbores autóctonas

A veciñanza de Teis reclama un monte da Guía con árbores autóctonas

O Concello de Vigo encargou a tala dos eucaliptos e acacias que se atopaban na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis demanda ao goberno municipal de Vigo que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello de Vigo encargou a tala de arbores, na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.

Agora, a Asociación pide a repoboación desas zonas con carballos, castiñeiros, bidueiros ou sobreiras, o que “evitaría que en poucos anos estes tereos estean ocupados novamente por eucaliptos e acacias, árbores invasoras”, indican no comunicado.

Polo momento, a veciñanza de Teis xa se dirixiu á Concellería de Parques e Xardíns para solicitar información ao redor desta tala e para solicitar unha plantación de árbores autóctonas. Dende a asociación tamén reivindican que o Concello de Vigo “merque os terreos privados onde onde se realizou a tala”, posto que están “abandonados”. Facelos públicos implicaría, din, “aumentar os espazos de lecer e esparcemento na praia da Punta e no monte da Guía”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...