InicioSociedadeO conflito no Cunqueiro entre Xerencia e TCAE, "máis vivo que nunca"...

O conflito no Cunqueiro entre Xerencia e TCAE, “máis vivo que nunca” trala última folga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O último día de folga dos catro convocados pola comisión de centro do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo contra a decisión da Xerencia de obrigar ás Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) a transportar a bolsa da roupa sucia tivo un impacto maior que na xornada anterior, a causa do elevado seguimento por parte das traballadoras, obrigando a suspender intervencións cirúrxicas e afectando a máis servizos.

Segundo salientan dende a CIG-Saúde, o colectivo de TCAE vén de demostrar que este conflito segue “máis vivo que nunca a pesar dos prexuízos económicos ocasionados tras estes catro días”. Ademais, lembran que as mobilizacións continuarán durante os meses de xullo e agosto con concentracións todos os martes ás 12:00 horas.

Último día de folga TCAE/ CIG

Na federación sosteñen que este conflito derívase do modelo de xestión elixido polo o Goberno do PP para explotar este centro sanitario “abríndose ao beneficio do capital privado e que orixinou que a súa xestión estea secuestrada pola sociedade concesionaria”.

Neste senso, destacan que a cidadanía demostrou mediante a mobilización “que foi quen de parar a idea de estender este modelo a outros hospitais”. Finalmente, apelan a esta mesma loita “para recuperar a situación anterior ao 2 de maio e que sexa a concesionaria a que realice a labor de retirada de roupa sucia, xa que por esta e outras labores o Sergas abónalle unha enorme cantidade de cartos públicos durante moito tempo”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...