InicioMovementos SociaisÚltima xornada de folga mañá xoves no Cunqueiro, pero continuarán as mobilizacións

Última xornada de folga mañá xoves no Cunqueiro, pero continuarán as mobilizacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo de Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo está chamado este xoves á última xornada de folga das catro convocadas pola comisión de centro contra a obriga de transportar as bolsas da roupa sucia.

Os traballadores decidiron este mércores en asemblea continuar coas mobilizacións semanais polos arredores do centro sanitario tamén durante o verán para rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI.

Deste xeito, as e os TCAE do Cunqueiro porán fin este xoves, polo de agora, aos paros cos que queren amosar a súa disconformidade coa nova función que se lles impuxo dende a dirección unha vez que a empresa concesionaria do hospital deixou de realizala. O colectivo agarda que a nova xornada de folga teña un seguimento importante, igual que sucedeu nas tres ocasións anteriores.

Ademais, as traballadoras decidiron hoxe en asemblea continuar coas mobilizacións semanais polos arredores do centro sanitario vigués durante o período estival. Así, cada martes volverán a concentrarse a carón da estatua do titán, situado xunto á entrada principal, para a continuación saír en manifestación até a rotonda da avenida Clara Campoamor que dá acceso ao hospital.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...