InicioEconomíaA planta viguesa de PSA produce un dos coches máis populares de...

A planta viguesa de PSA produce un dos coches máis populares de Europa

O Peugeout 2008 é o oitavo máis vendido do continente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ata tres modelos ensamblados nas fábricas automobilísticas situadas en España situáronse entre os vehículos máis vendidos na Unión Europea durante o mes de outubro, segundo datos de Jato Dynamics recollidos por Europa Press.

Un destes é o Peugeot 2008, fabricado en Vigo, que se sitúa como o oitavo modelo máis vendido en Europa, tras entregar 17.420 unidades en outubro, por detrás do Toyota Yaris, que foi o sétimo coche máis matriculado, con 17.671 unidades. Pechan o ‘top 10’ o Skoda Octavia (17.216 unidades) e o Citroën C3 (16.298 unidades).

Entre outros datos, Jato Dynamics destacou que un 27% dos automóbiles vendidos en Europa en outubro tiña unha mecánica eletrificada, 17 puntos porcentuais máis que no mesmo mes de 2019 Pola súa banda, os coches de gasolina representaron o 44% do total, baixando 13 puntos, e os de diésel, un 26% das vendas, diminuíndo cinco puntos. O Volkswagen IDE.3 situouse como o modelo ‘cero emisións’ máis ‘popular’ en Europa, con 10.475 unidades.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...