InicioPolíticaEn Marea culpa a Caballero da situación do Mar de Vigo: "Estaba...

En Marea culpa a Caballero da situación do Mar de Vigo: “Estaba condenado ao fracaso”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal da Marea de Vigo ofreceu hoxe martes unha rolda de prensa ante as recentes declaracións do alcalde de Vigo sobre a situación do Auditorio Mar de Vigo. Na mesma, o voceiro do grupo municipal, Rubén Pérez, cualificaba a situación do Auditorio como unha “consecuencia do continuísmo levado a cabo polo alcalde do PSOE Abel Caballero, cando, sabendo que a situación ía ser insostible, tratou de tapar as vergoñas con recursos públicos tal e como está facendo agora á hora do rescate.”

Segundo a Marea de Vigo, “desde o 2007, Abel Caballero tivo a opción de emendar as decisións políticas tomadas ata o momento sobre o proxecto. Todas as modificacións que se fixeron sobre o mesmo a partir dese momento soamente serviron para secuestrar a iniciativa pública diante dos intereses privados de Caixanova e as construtoras, consagrando un modelo construtivo e concesional absolutamente opaco sobre o Auditorio Mar de Vigo.”

Do mesmo xeito, o grupo municipal da Marea de Vigo explicaba que “o proxecto estaba condenado ao fracaso dende o primeiro momento, xa que non estaba adaptado á realidade da cidade nin mesmo aos usos da súa contorna. Usos comerciais que foron eliminados coa modificación do proxecto feita xa polo actual alcalde, precisamente os que lle daban actividade a espazos como o aparcadoiro.”

“Queremos saber por que se dixo que o único sitio onde podían ir as aulas da UNED en Vigo era o Auditorio Mar de Vigo, por que se inxecta medio millón de euros a unha empresa de organización de eventos sen sacar un concurso público, por que non se rescatou no 2011 cando a empresa concesionaria alertaba da situación ou mesmo por que se ampliou a concesión de 35 a 60 anos. Todas esas actuacións só serviron para soterrar millóns de euros de cartos públicos” concluía Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...