InicioSociedadeContinúan aumentando as hospitalizacións por covid na área viguesa: 5 máis en...

Continúan aumentando as hospitalizacións por covid na área viguesa: 5 máis en 24 horas

Hai 15 persoas en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes con Covid-19 ingresados en hospitais de Galicia volveron a aumentar ata os 545, o que supón 22 máis que os rexistrados este luns, deles 79 en unidade de críticos –dous máis– e 466 noutras unidades –20 máis–.

Na área de Vigo aumentan a 80 os pacientes con Covid ingresados –catro máis–, deles 15 en UCI –uno menos– e 65 noutras unidades –cinco máis–. Suma 3.988 persoas curadas e 137.241 PCR efectuadas.

A área de Santiago e Barbanza concentra 77 hospitalizados con coronavirus –uno menos–, dos cales 14 permanecen en unidade de críticos –un máis– e 63 noutras unidades –dúas menos–. Ata a data rexistra 4.591 curados e 113.878 PCR realizadas.

Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés os hospitalizados con Covid soben a 70 –tres máis–, deles catro están en UCI –dúas menos– e 66 noutras unidades –cinco máis–. Ata o momento rexistra 2.561 curados e 67.155 PCR feitas.

Na área de Ferrol aumentaron nun ata os 44 as persoas ingresadas con Covid, delas sete permanecen en UCI –sen cambios– e 37 noutras unidades –unha máis–. Suma 1.256 curados e 48.449 PCR realizadas.

E na de Lugo soben a 41 os hospitalizados con coronavirus –tres máis–, dos cales cinco seguen en UCI –sen cambios– e 36 noutras unidades –tres máis–. Ata a data curáronse 3.436 persoas e feito 81.398 PCR.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...