InicioCulturaComeza o IV Cadáver Exquisito, festival de creación colectiva con poesía, foto...

Comeza o IV Cadáver Exquisito, festival de creación colectiva con poesía, foto e debuxo

PUBLICADO O

- Advertisement -
Na Sala Apóstrophe de Vigo celebrarase desde hoxe luns ata o mércores, tódalas tardes de 18 a 21:00 horas, un Cadáver Exquisito de poesía, fotografía e debuxo que será inaugurado o día 27 ás 20:00.

O cadáver exquisito, subliñan dende a organización, é “un método de creación colectiva que consiste en plasmar algo a continuación doutra cousa, sen preocuparse da coherencia ou sentido que o resultado final puidera ter. É unha técnica utilizada tanto no debuxo coma na literatura dende principios do século XX, especialmente polos surrealistas”.

Apóstrophe Sala de Arte, xunto co Festival Kerouac e o Colectivo Latente, organizan esta IV edición do Cadáver Exquisito, tendo como novidade este ano as disciplinas de poesía e fotografía, ademáis do debuxo, con participación libre.

Deste xeito, “é un chamamento a tódalas persoas, sen importar a súas aptitudes ou coñecementos técnicos. Queremos fomentar a creación conxunta, o reunirse e colaborar uns cos outros mesturando as distintas disciplinas artísticas. Esta é unha festa da diversidade e do desexo de abrir mentes e derrumbar muros e prexuízos”.

A temática, totalmente libre

O mércores as 21:00h leerase o poema colectivo nun fin de festa con música, bebida e pinchos. A organización elixiu a variante “Al alimón ou cadáver cos ollos abertos”
que consiste en traballar vendo o que fixeron os anteriores. Esta pauta está dada polo “Discurso al alimón sobre Rubén Darío” que escribiron Federico García Lorca e Pablo Neruda no ano 1934.

No debuxo, “cada un pode facer o que queira e os demáis poden intervir nos debuxos dos outros”, engaden.  Para o poema colectivo, haberá un rolo de papel enriba dunha mesa que se vai despregando a medida que os participantes escriban os seus versos. A temática é totalmente libre. As linguas elexidas para participar son galego, castelán e inglés. Pódese escribir en calquera delas”.

En fotografía establecerase unha cadea, de tal forma que cada artista recibirá unha imaxe por correo electrónico e deberá atopar unha imaxe no seu arquivo na que se estableza unha relación coa recibida.

O artista a enviará ó seguinte da cadea, tamén por correo electrónico, ata chegar ó último participante. Tras rematar a cadea de imaxes, cada artista irá á sala de exposicións onde imprimirá a súa imaxe nunha impresora instalada ao efecto.
Esta situarase nun espazo marcado na sala, correspondente co seu orde na cadea, procedendo a ocultar a fotografía sobrepoñendo un folio. O día da inauguración retiraranse os folios para ver a proposta expositiva resultante no cadáver exquisito.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...