Home Sociedade Torrecedeira explota

Torrecedeira explota

0
Torrecedeira explota
Veciños de Torrecedeira manifestándose /Miguel Nuñez

A veciñanza de Torrecedeira anunciou a pasada semana manifestacións se non cambiaba a súa situación e hoxe cumpriu a súa promesa. De tal xeito, desde as 8:00 da tarde unha gran manifestación recorreu hoxe martes o barrio e esixiu “solucións reais” para a situación de conflitividade que viven, e non simplemente “poñer máis policías”.

Continúan a pedir unha xuntanza co alcalde, a cal aseguraron que o rexedor está negándolles, e criticaron a certos medios de comunicación, acusándoos de ser os seus voceiros. Defenden que enviaron a Abel Caballero un escrito o 30 de maio, e que aínda non recibiron contestación.

A veciñanza ameazou de que, se segue sen ser escoitada, volverán “con olas”, en defensa dos veciños “roubados e agredidos”, e en contra dos que teñen “comportamentos incívicos” no barrio e os que o permiten.

Esixen a apertura dun novo albergue noutra zona da cidade para solucionar o problema da xente que vive na rúa, e a revogación do contrato con Cruz Vermella para a xestión do albergue actual.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here