InicioSociedadeComisión de centro e Xerencia do Cunqueiro discuten o seguimento da primeira...

Comisión de centro e Xerencia do Cunqueiro discuten o seguimento da primeira folga das TCAEs

A comisión de centro cifra o seguimento nun 80%, a Xerencia, en tan só un 48%.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo secundaron a primeira das catro xornadas de folga convocada pola comisión de centro para rexeitar a obriga de trasladar as roupas da bolsa sucia, función que até o de agora asumía a empresa concesionaria.

Pero mentres que a comisión de centro cifra nun 80% o seguimento do paro, a Xerencia da EOXI rebaixa a cifra até o 48%. Todo a pesar dos servizos mínimos, que as folgistas consideran abusivos, posto que nalgúns casos chegan a superar ás dotacións dun domingo ou festivo.

Pola súa banda, desde a CIG consideran que as TCAE “veñen de demostrar na xornada de hoxe a forza que teñen, deixando moi claro que o conflito, lonxe de estar superado, sitúase no momento máis duro con catro xornadas de folga convocadas (18, 21, 25 e 28 de xuño)”.

Denuncian que a día de hoxe a Xerencia “segue sen aportar solucións e intenta descargar a responsabilidade sobre as traballadoras, demostrando a súa nula capacidade de actuación nesta cuestión, xa que con este modelo a concesionaria ten secuestrado o hospital”.

Nesta situación, tras reclamar comisión de de centro a implicación do conselleiro mediante unha petición de xuntanza por escrito, “obtivemos o silencio por resposta”. Finalmente adiantan que as integrantes do colectivo afectado, lonxe de baixar o ton das protestas, “están dispostas a intensificar as mobilizacións e levalas até onde faga falta”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...