InicioSociedadeCxG suspende o labor do albergue de Vigo e denuncia a inseguridade...

CxG suspende o labor do albergue de Vigo e denuncia a inseguridade de Torrecedeira

PUBLICADO O

O partido galeguista Compromiso x Galicia lamenta que o orzamento anual do “Centro Integral de Inclusión e Emerxencia (CIIES)”, de case un millón de euros, “non acade os obxectivos de inclusión social, tanto no seu entorno máis próximo como a nivel municipal, cumprindo exclusivamente as tarefas de acollemento e atención social cos seus usuarios”.
O Secretario local do grupo, Xoan Antonio Cortés, valora como negativos os resultados acadados polo albergue municipal tras sete anos de existencia (2011-2018) e que “non teña logrado neste tempo uns niveis visibles de integración e normalización social no colectivo de persoas en risco de exclusión social”.
Engaden ademais que a concentración dos comedores sociais e o albergue na zona de Torrecedeira, “conlevou a chegada progresiva, non só dos usuarios destes servizos, senón dun número superior de persoas que deambulando polo entorno, às veces en grupos, recurren à mendicidade e ao roubo en establecementos, protagonizando altercados entre eles e cos veciños e comerciantes, e deteriorando a vía pública e os parques infantís con comportamentos incívicos”.
A formación galeguista acusa tamén ás Administracións públicas de ser corresponsables desta situación con decisións tomadas nestes últimos anos, como o peche do Centro de Saúde de Beiramar por parte da Xunta de Galicia, ou “o abandono do parque infantil do pavillón do Berbés por parte do Concello de Vigo, coa presenza continua de vidros rotos, botellas de alcohol e suciedade de orixe humano”, incluida a decisión de “eliminar os bancos para non ser utilizados polos indixentes, coa consecuencia do abandono das poucas familias das que inda até alí se achegaban cos seus fillos”.
Concentración por Torrecedeira / Miguel Núñez
Entre outras denuncias, subliñan a “permisividade da prostitución nas rúas Jacinto Benavente e Instituto Oceanográfico, trapicheo de drogas no parque Camilo José Cela e as ameazas dos “gorrillas” no entorno do albergue”.
E reflexionan que a concentración dos servizos sociais (Albergue, Fogar San José, Unidades de Traballo Social, Unidade de calor-café, Unidade mobil da Fundación Erguete…) están a provocar a graves consecuencias para o barrio de Torrecedeira.
Entre elas, a degradación urbanística e social do barrio, a perda de veciños, aumento de pisos e baixos baleiros e perda de valor económico das propiedades, o peche de comercios, aumento de roubos e enfrontamentos polo aumento da mendicidade, molestias a clientes e propietarios, a perda de alumnado do CEIP Ramón y Cajal, que definen como “gheto”…
Ou incluso o abandono das zonas de esparcemento de uso público, “no caso do parque infantil do Pavillon de Berbés pola presenza permanente dos usuarios do albergue, e no Parque Camilo José Cela polos trapicheos con drogas”.
Grafity
Respecto na parede da rúa Torrecedeira/Miguel Nuñez
En definitiva, todo resulta na “concentración de persoas transeúntes e persoas sen fogar con patoloxías de alcoholemia, drogadicción ou conducta antisocial que fan vida diaria nas rúas, comercios, bancos e parques da zona, onde fan as súas necesidades físicas, procuran alcohol e droga ou pasan lentamente o tempo en portais, escaleiras ou acceso a vivendas”.
Por todos estes motivos, Compromiso por Galicia apoia as protestas veciñais que se están a producir en Torrecedeira, para poder paralizar “esta continuada degradación social do barrio”, pero lembrando que só unha parte pequena desas persoas en risco de exclusión social son os responsables dos comportamentos incívicos que teñen conlevado a situacións de confrontamento antisocial, “polo que debemos ter unha responsabilidade moral e política de procurar unha solución digna para esa parte da poboación que non ten nada, nen sequer esperanza na súa vida, e que deambulan nas nosa rúas fóra do que entendemos por convivencia social”.
Polo tanto, presentan propostas como a esixencia á Cruz Vermella, como concesionaria do “Centro Integral de Inclusión e Emerxencia (CIIES)”, do cumprimento do prego de cláusulas (Punto F) coa actuación dunha Unidade de rúa que traballe polo entorno do albergue cos casos denunciados. E se non hai cumprimento efectivo esixir a rescisión da concesión á Cruz Vermella”, defenden.
Tamén, subliñan a necesidade dun mellor reparto xeográfico no termo municipal das prestacións de Servizos sociais, e apoio municipal ao novo albergue da rúa Toledo; tratamento e seguimento específico por parte dos Servizos sociais de persoas ben coñecidas polo seu repetitivo comportamento violento e antisocial; recuperación, mellora e mantemento dos espazos públicos para uso da veciñanza; facilitar o aproveitamento de naves ou terreos abandonados do entorno para novos usos, tanto públicos como privados; e aumentar a seguridade ante os problemas de alteración da orde pública, prostitución, bandas de trapicheo de drogas ou ameazas de “gorrillas”.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...