InicioPolíticaMarea esixe "contundencia" a Caballero ante as "cláusulas abusivas" cobradas por Abanca...

Marea esixe “contundencia” a Caballero ante as “cláusulas abusivas” cobradas por Abanca nos últimos días

Demandan ó Concello que cese a colaboración coa entidade bancara se esta non "rectifica o dano" causado a "miles" de veciños.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de Marea de Vigo-Son En Común, Rubén Pérez, esixiu ao goberno local “contundencia” ante as “cláusulas abusivas” de mantemento de contas de Abanca que afectan a “miles” de residentes na cidade olívica. O grupo municipal esixiu ás autoridades que colaboración coa entidade bancaria se condicione a que a esta “rectifique o dano” causado aos mesmos.

Neste sentido, o portavoz tachou de “abuso intolerable” o cobro de 50 euros de comisións cada seis meses ou de 28 euros por cartóns de débito “mesmo en contas bancarias cuxos ingresos son exclusivamente prestacións”. Por iso, esixen á adminsitración que, ademais de “dar resposta” ó problema, traballen cos sindicatos para expoñer “alternativas” ó fondo de pensións de “varios millóns de euros” do que se dispón na entidade bancaria.

ABANCA “NON PENSA EN CLAVE DE PAÍS”

Ante esta situación, a formación concluíu que esta entidade bancaria “non está a pensar en clave de país“ e denunciou que trasladase aos seus clientes que, para non soportar “comisións abusivas”, deben “domiciliar unha nómina ligada a un contrato de máis dun ano de duración e a un cartón de crédito” coa que se realice un gasto mínimo. Así, Rubén Pérez afirmou que estas condicións se atopan “lonxe da realidade de miles de vigueses neste momento de incerteza e precariedade laboral“.

O portavoz tamén lamentou que Abanca “deixase de ser unha entidade asentada no territorio con obxectivos non lucrativos en parte da súa actividade”, xa que, segundo lembrou, cando se trataba dunha caixa pública o 17% dos seus beneficios debían destinarse á obra social.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...