InicioSociedadeAbel Caballero avanza na acollida dos refuxiados do Aquarius: "a solidariedade non...

Abel Caballero avanza na acollida dos refuxiados do Aquarius: “a solidariedade non ten barreiras”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, encabeza o vindeiro martes 19 de xuño na sede federativa unha reunión de traballo na que se avanzará no proceso de acollida dos 629 migrantes do buque Aquarius en Entidades Locais do noso país.

No encontro, no que se abordará a xestión do proceso, participarán representantes de Cruz Vermella, ACCEM e CEAR, as tres organizacións coas que a Federación subscribiu no seu día un acordo de colaboración de cara aos procesos de acollemento.

Os Concellos teñen un papel esencial, especialmente facilitando o acceso aos medios e recursos dispoñibles, así como o reforzo ou adaptación dos Servizos Sociais, cuxa intervención resulta indispensable no proceso de integración e autonomía das persoas migrantes.

Así o anunciou o Presidente no marco dunhas declaracións nas que, ademais, reiterou o seu agradecimiento ao Goberno por contar coa FEMP á hora de abordar as tarefas de coordinación ante esta urxencia humanitaria.

Caballero destacou tamén o seu recoñecemento á solidariedade e compromiso humanitario dos Gobernos Locais españois porque “a solidariedade local non ten barreiras”. A data de hoxe, son máis de 230 os municipios que mostraron a súa disposición á acolleita dos refuxiados do Aquarius, unha colaboración que se traduce na posta a disposición destas persoas de diferentes recursos e solucións, habitacionais e non habitacionais, para facilitar a súa vida durante o tempo que pasen no noso país.

 

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...