InicioSociedadeAumentan os servizos humanitarios prestados pola Policía Local de Vigo a anciáns...

Aumentan os servizos humanitarios prestados pola Policía Local de Vigo a anciáns que viven sós

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos humanitarios prestados pola Policía Local de Vigo a persoas de idade avanzada están a converterse en algo habitual, “un clásico que chegou presumiblemente para quedarse, ou iso indican polo menos os estudos estatísticos, cada día máis persoas viven soas”, defenden dende a Policía.

De tal xeito, este martes, ás 07:40 horas, axentes da Policía Local foron comisionados pola Central para que se trasladasen a un domicilio da Travesía de Vigo, onde ao parecer unha muller de avanzada idade, caeuse e non podía levantarse. A alerta á Policía partía do servizo de urxencias 112, a quen lle chegou o aviso a través dun dispositivo que ten a anciá, de 87 anos.

Os Axentes confirmaron que a muller estaba no interior da súa casa, consciente, pero
incapaz de levantase por si mesma. Unha veciña que a asiste a diario abriu a porta, e a anciá foi atendida polos servizos de urxencia sanitaria, e en principio, non parecía presentar
lesións.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...