InicioVigo e contornaVigoO TSXG desestima o recurso da ultradereita e sinala que prevalece a...

O TSXG desestima o recurso da ultradereita e sinala que prevalece a saúde pública ante calquera manifestación

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta é a segunda vez que a subdelegación do goberno denega a autorización para a realización dunha manifestación en caravana de coches na cidade olívica.

A primeira foi a convocada pola CUT para a celebración do 1 de maio. A CUT recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia esta decisión. O 28 de abril a sentenza inclínabase pola prevalencia da saúde pública e desestimaba o recurso contra a Subdelegación do Goberno. E nunha segunda volta o Tribunal Constitucional avalou esa sentenza do TSXG e inadmitiu o recurso de amparo presentado polo sindicato.

Nesta mesma liña, o alto tribunal sentenza do mesmo xeito a intención dos simpatizantes da ultradereita en Vigo, seguindo as proclamas e convocatoria lanzada por VOX dende Madrid. Deste xeito Juan M.B notificaba á subdelegación do Goberno a convocatoria dunha caravana de coches de protesta pola xestión do Goberno Central para o pasado 2 de maio.

E a subdelegación do Goberno respondía do mesmo xeito. Non estaban permitidas as concentracións de persoas que poidesen supoñer un risco de saúde pública na situación actual do estado da alarma pola pandemia do COVID19. O convocante interpuso contencioso administrativo contra a decisión da subdelegación e o alto tribunal volve a fallar no mesmo sentido que a sentencia da CUT.

O control de a actuación da Administración no momento actual atópase moi condicionado pola declaración de estado de alarma do Real decreto 463/2020, en función do cal ten que realizarse a ponderación de bens xurídicos en presenza, singularmente a protección da saúde pública, que deriva do artigo 43 da Constitución, e o dereito fundamental de reunión, recollido no artigo 21 da propia Constitución. En todo caso, para o tempo presente, en que continúa rexendo, prorrogado, o estado de alarma, esta Sala xa levou a cabo aquela ponderación de intereses, dando prevalencia á saúde pública

A parte demandante pretendía que o alto tribunal declarase nula a decisión da Subdelegación do Goberno, para poder celebrar unha nova convocatoria que o propio partido de ultradereita mantén para o próximo 23 de maio, nun claro pulso ao goberno central.

O sindicato CEP ofrece os seus servizos aos policías “en caso de recibir ordes políticas ou contra as liberdades” en relación ás protestas que actualmente está protagonizando a ultra dereita en Madrid.

“La Policía Nacional no trabaja ante una crisis de seguridad sino ante una sanitaria y la protesta en balcones, con banderas, en redes sociales o de cualquier otro tipo, siempre que no vulnere la normativa sanitaria o constituya un delito público, debe respetarse como lo ha sido en otras ocasiones”, sinala a CEP nun comunicado.

A CEP xustifica este anuncio advertendo que “sería inaceptable nunha democracia” limitar liberdades fundamentais nas actuacións policiais para facer cumprir a lei no marco da restrición de movementos polo estado de alarma.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...