InicioMedio Ambiente e PatrimonioProxecto TROCO2: Os montes galegos, a clave para baixar do podio das...

Proxecto TROCO2: Os montes galegos, a clave para baixar do podio das comunidades que máis C02 emiten do Estado

O secuestro de CO2, unha maneira ecolóxica de sacar rendibilidade aos nosos montes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede principal da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa acolleu esta mañá de mércores a xornada inaugural do Proxecto TROCO2 -Mercado Transfronterizo de Intercambio de Carbono.

Este proxecto enmárcase nunha iniciativa que terá unha duración de 24 meses, e na que participan a Cámara de Comercio, como beneficiario principal, xunto coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios de Transportes Discrecionales de Pontevedra (ASETRANSPO), a Associaçao de Desenvolvimento dá Regiãou do Alto Tâmega (ADRAT) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega (CIMAT).

 

TROCO 2 Conferencias / Miguel Núñez

O acto de inauguración contou coa participación de José García Costas, presidente da
Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa; Ramón Alonso Fernández, Presidente de ASETRANSPO; e Antonio Crespo Igrexas, Delegado Provincial Consellería de Medio Rural.

Durante a súa intervención, García Costas destacou que o principal obxectivo do proxecto é “aumentar a eficiencia dos montes do espazo transfronterizo Galicia-Norte de Portugal na mitigación do cambio climático, a través do desenvolvemento e xestión da súa capacidade de secuestro de CO2, utilizando o impulso da economía baixa en carbono no sector transporte”.

Conferencias do Proxecto TROCO2 / Miguel Núñez

Segundo os últimos datos da Xunta de Galicia, a nosa comunidade é a terceira que máis reduciu as súas emisións de CO2, en total 1,4 millóns de toneladas, desde 1990, “e con todo é tamén a terceira comunidade autónoma con máis emisións, un 11,44% do total de España, e só superada por Andalucía e Asturias, segundo os datos do Observatorio da Sostenibilidade.

“Xa que logo, temos a obrigación de poñernos a traballar desde todas as institucións”, afirmou o presidente da Cámara. García Costas explicou que “os nosos montes son verdadeiros sumidoiros de carbono, os cales cunha boa xestión, poden certificar a súa capacidade de absorción de carbono e intercambiala coas empresas do sector
transporte, as cales emiten CO2 á atmosfera“.

Público asistente / Miguel Núñez

O Proxecto TROCO2 conta cun orzamento total de 1.276.365,65 euros. Ao longo de aproximadamente dous anos, e precisamente para lograr ese aumento na eficiencia dos montes, levaranse a cabo as seguintes accións:

– Creación de sumidoiro de carbono: actividades destinadas a optimizar a xestión e conservación dos bosques do espazo de cooperación Galicia-Norte de Portugal, co fin de certificalos como sumidoiro de carbono e así potenciar a capacidade de secuestro de carbono nos espazos forestales.

– Xeración de pegada de carbono: certificar a pegada de carbono en empresas do sector transporte, mediante a medición dos gases de efecto invernadero emitidos directa ou indirectamente polas súas actividades.

– Compensación da pegada de carbono: creación dun sistema transfronterizo de compensación, que permita a toda organización que teña certificada a súa pegada de carbono, a adquisición dunha cantidade de CO2, xerada nos sumidoiro, equivalente ás emisións de gases de efecto invernadero que quere compensar.

Parte da charla de Luís Ortega Mene / Miguel Núñez

A través destas actuacións, os membros do Proxecto TROCO2 esperan alcanzar os seguintes resultados:

Deseñar unha ferramenta de cálculo de sumidoiro de carbono para montes de Galicia-Norte de Portugal.
– Capacitar e apoiar a axentes forestais na xestión forestal e de sumidoiro de carbono.
– Certificar sumidoiros de carbono.
Deseñar unha ferramenta de cálculo de pegada de carbono en empresas do transporte.

-Capacitar e apoiar aos axentes do transporte en certificación de pegada de carbono.
– Certificar pegada de carbono no sector transporte.
– Deseñar e implantar unha Bolsa de intercambio de CO2 transfronterizo.
– Capacitar e apoiar a técnicos para que xestionen a Bolsa de Intercambio de CO2.

 

Parte da charla de Luís Ortega Mene / Miguel Núñez

Luís Ortega Mene, enxeñeiro de montes da Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, impartiu a ponencia “A absorción de CO2 no marco da xestión forestal de Galicia”. Nela, definiu a ordenación forestal como o gran reto do sector forestal en Galicia.

“Os montes galegos están ordenándose, pero todavía é algo minoritario. Segundo datos de 2016, a superficie forestal galega ordenada non chega ao 13% da superficie forestal total”, subliñou.

Pero, segundo a propia lei galega, como manifestou Ortega, en 2020 tódolos montes de Galicia deberán estar ordenados para poder ser utilizados para recoller madeira, setas… ou calquera outro uso comercial, polo que a porcentaxe aumentará.

E, neste escenario, o CO2 supón unha oportunidade máis para facer rendibles os nosos montes. E, para estos montes ordenados, acceder ao mercado de carbono será sinxelo: “O esforzo xa estará feito, e resultará moi fácil conseguir unha renda complementaria. Ademais, a ordenación forestal tamén é imprescindible para que o monte logre a certificación PFFC ou FSC, coas ventaxas que isto supón”.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...