InicioSucesosCondenado a dous anos un taxista por agredir sexualmente a unha clienta...

Condenado a dous anos un taxista por agredir sexualmente a unha clienta en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un taxista de Vigo aceptou 2 anos de prisión como autor dun delito de agresión sexual con acceso carnal por vía vaxinal a unha clienta, nunha vista de conformidade que se celebrou este venres na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Os feitos ocorreron en agosto de 2024, cando o acusado levaba á vítima e a outras persoas no seu taxi. Nun momento determinado, o resto de pasaxeiros deixou o vehículo e quedaron sós o chofer e a moza. Entón, o taxista levou á muller a un escampado e agrediuna sexualmente.

Na vista deste venres, o procesado recoñeceu os feitos en base a un acordo coa Fiscalía, para lograr unha rebaixa da pena (inicialmente, o ministerio público pedía para el 12 anos de prisión), aínda que fóra da sala mantivo a súa inocencia. Finalmente, foi condenado a 2 anos de cárcere e apreciouse a atenuante de reparación do dano, xa que o home consignou a indemnización íntegra para a prexudicada, de 9.000 euros. Con todo, a sentenza non é firme, e a defensa reservouse o dereito de recorrer.

Ademais da pena de prisión, impúxoselle a inhabilitación para exercer oficio que requira contacto con menores durante 5 anos, e a medida de liberdade vixiada polo mesmo tempo. Igualmente, non poderá comunicarse coa vítima nin achegarse a menos de 10 metros dela durante outros 5 anos. O tribunal suspendeu a execución da pena de prisión durante 5 anos, a cambio de que o acusado non delinca nese tempo, de que non incumpra a orde de afastamento e de que se someta a un programa de reeducación sexual.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...