InicioSucesosDetidas dúas persoas por unha malleira grupal a un home en Urzáiz...

Detidas dúas persoas por unha malleira grupal a un home en Urzáiz na que empregaran cadeiras e mesas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 08:10 horas do día 2 de xuño de 2018, unha patrulla da Policía Local de Vigo trasladouse á a rúa Urzaiz, onde ao parecer e segundo aviso recibido pola Central, estábase producindo unha pelexa multitudinaria na vía pública.

Mentres os Policías dirixíanse pola Rúa Urzaiz camiño do lugar da agresión (proximidades da confluencia da citada Urzaiz con Esperanto), varios cidadáns requirían a súa
presenza pola citada agresión.

Chegados ao lugar, observaron como cinco individuos rodeaban a outro en actitude agresiva. O varón ao que rodeaban, de 39 anos, natural e veciño de Vigo, atopábase semidesnudo de cintura para arriba, presentado lesións no rostro, así como rasguños e erosións en torso e cara.

Separaron ao agredido dos seus agresores, e de entre os últimos procedeuse á detención de dous deles, “por ser os que máis activamente participaban no feito”. Trátase dun varón  de 22 anos de idade, e da muller A.M.N, ambos tamén naturais e veciños de Vigo, de 25 anos.

Foron detidos “dada a violencia da agresión, os obxectos contundentes empregados e a actuación en grupo“. Ademais, as forzas policiais aseguran que “a muller mostrou en todo momento unha actitude agresiva cara aos policías aos que increpou de forma insistente, golpeando o vehículo policial”.

Ao parecer, e aínda que se descoñece o momento exacto; agresores e agredido tiveran con anterioridade algún altercado nunha discoteca. A agresión, e segundo versión recolleita no lugar dos feitos, iniciouse na confluencia de Urzaiz con Vía Norte, continuando rúa arriba (Urzaiz) ata o cruzamento coa rúa Esperanto, chegando incluso os agresores a golpearlle con mesas e cadeiras das terrazas da zona.

As testemuñas cualificaban a agresión como unha malleira; identificando plenamente como aos máis activos, ao home e á muller que posteriormente foron detidos. O agredido, ademais das lesións visibles, presentaba un golpe na cabeza.

 

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...