InicioSociedadeA Universidade de Vigo lidera en Galicia o deseño de solucións naturais...

A Universidade de Vigo lidera en Galicia o deseño de solucións naturais para adaptarse ao cambio climático nun proxecto europeo

A UVigo participa xunto á Xunta no proxecto SystR, que probará medidas piloto para mellorar a resiliencia fronte a inundacións e secas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, e a Universidade de Vigo (UVigo) colaborarán durante os próximos anos no deseño de “solucións naturais” para adaptarse ao cambio climático, no marco dun proxecto europeo que busca mellorar a resiliencia dos territorios fronte aos seus efectos. Galicia participa como unha das rexións integradas no proxecto europeo SystR, unha iniciativa que pretende adoptar medidas coordinadas e promover unha “resiliencia sistemática” fronte aos impactos climáticos.

O proxecto, iniciado en 2025 e liderado polo Centro Nacional de Investigación Científica Demokritos de Grecia, consiste en desenvolver proxectos piloto en territorios concretos que posteriormente poidan replicarse noutras rexións con características similares. Neste contexto, Galicia tomará como referencia as medidas aplicadas no arquipélago de Guadalupe (Francia), xa que ambas comparten características propias das rexións costeiras.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, exemplificou este tipo de solucións naturais cun caso concreto: adaptar espazos fluviais para que cumpran distintas funcións segundo a estación do ano. “Cando dicimos que temos que dar solucións naturais ás inundacións e, por tanto, facer un meandro enorme, que podamos utilizar no verán como un parque, pero que igual no inverno ten que ser unha lagoa, iso é o que ten que ir interiorizando un pouco a xente”, explicou durante unha rolda de prensa sobre o informe do inverno meteorolóxico.

A responsable autonómica subliñou que este proceso debe realizarse partindo dunha base científica e dos datos de Meteogalicia, pero tamén contando coa participación da cidadanía. Neste sentido, destacou a importancia de escoitar a visión das empresas, do sector primario e das asociacións, xa que se trata de axentes directamente afectados polo cambio climático, tanto polas inundacións ou secas como polas consecuencias que estes fenómenos poden ter nas infraestruturas, no agro e na propia poboación.

“Temos que ter unha visión moi ampla”, insistiu. Como primeiro paso deste proceso, este xoves celebrouse na Cidade da Cultura a primeira dunha serie de xornadas dedicadas a esta cuestión, nas que participaron representantes doutras administracións e do tecido empresarial para comezar a analizar posibles medidas de adaptación climática en Galicia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...