InicioCulturaA festa popular do San João de Braga, a máis importante de...

A festa popular do San João de Braga, a máis importante de Portugal, visita as rúas de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O San João de Braga chegou a Galicia esta fin de semana cunha acción promocional que chamou a atención dos transeúntes do centro histórico de Vigo. Máis de 40 figurantes encheron as rúas viguesas e deron outra cor á fin de semana da maior cidade da Galiza, transmitindo a alegría das festas a quen por alí pasaba.

“Conseguimos dar unha boa mostra do entusiasmo que se vive nas festas do San João de Braga. Esta iniciativa xorde tamén coa intención de ir afirmando a maior festa popular de Portugal internacionalmente“, afirmou o Presidente da Asociación de Festas de San João de Braga, Rui Ferreira.

Para Rui Ferreira, a deste sábado foi unha oportunidade para mostrar o carácter animado da Maior Festa Popular de Portugal: “As festas do San João de Braga ofrecen case dúas semanas de constante entretemento a quen as visite, e esta foi unha boa maneira de demostrar aos galegos que vale a pena visitar Braga nesta altura do ano”.

O Cortexo Sanjoanino percorreu este sábado varias rúas do centro histórico de Vigo, e foi animado polos característicos cabezudos e xigantóns da Asociación Cultural e Artística “Ida e Volta” e polas cores dos traxes prestados polo Grupo Folclórico da Universidade do Miño.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...