InicioEconomíaCXG cuestiona o modelo dos aeroportos galegos: "temos tres aeroportos que todos...

CXG cuestiona o modelo dos aeroportos galegos: “temos tres aeroportos que todos xuntos apenas fan un”

PUBLICADO O

Xoán Antonio Cortés, secretario local de Compromiso por Galicia en Vigo, falou sobre o recentemente convocado “comité de rutas” onde seguen a desputarse entre as tres cidades os destinos aeroportuarios.
Neste tema anota que “non podemos permitirnos estar a subvencionar tres aeroportos para un total de tránsito de pasaxeiros que non chega nen aos 5 millóns en total, cando por exemplo o de Porto move sobre 7 millóns no ano”.
Desde Compromiso por Galicia apostan por invertir nunha rede de cercanías “que optimice as conexións entre vilas e cidades e transfers directos a Lavacolla desde as grandes areas urbanas galegas, que están situadas a menos de 100 km”. “Isto cambiaria o mapa aeroportuario galego e con el a conectividade do noso país co resto do mundo”, aseguran.
Nesta reestruturación do sistema de conexións de Galicia co mundo, a chegada do Tren de Alta Velocidade suporá unha forte competencia para os aeroportos. Neste sentido, desde Compromiso por Galicia entenden que é necesario “un debate serio sobre a conectividade futura de Galicia e que debe ser feito con tempo suficiente para racionalizar os custos do cambio”.

ÚLTIMAS

Diminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Un estudo de investigadores do Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e da...

Investigan a desaparición de dúas participacións da Lotaría de El Niño premiadas con 15.000 euros cada unha

Dous vigueses denunciaron a desaparición de dúas participacións da Lotaría de El Niño premiadas...

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...