InicioSociedadeAbel Caballero, denunciado ante a fiscalía por un delito contra a saúde...

Abel Caballero, denunciado ante a fiscalía por un delito contra a saúde pública

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo presentou este martes ante a Fiscalía da cidade unha denuncia contra o alcalde olívico, Abel Caballero, por un suposto delito contra a saúde pública por imprudencia grave, en relación cos problemas de calidade da auga nos últimos meses.

Así o confirmou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen lembrou que Marea tentou “outras vías” para obter información acerca da calidade da auga da traída en Vigo, as análises tomadas na rede de subministración e outras cuestións.

Segundo manifestaron, ante a negativa do goberno municipal a achegar información ou a constituír unha comisión de investigación, Marea de Vigo optou por acudir aos tribunais, presentando unha denuncia contra o alcalde, como responsable último de asegurar que a xestora (Aqualia) fornece a auga en condicións aptas para o consumo humano. A denuncia esténdese tamén ao director xeral da concesionaria.

Abel Caballero, alcalde de Vigo / EP

A denuncia de Marea de Vigo fundaméntase en varios feitos: por unha banda, a insistencia do rexedor en que a auga era apta para o consumo a pesar dos resultados de analíticas que daban valores de ferro ou trihalometanos superiores aos recomendados; por outro, a “ocultación de información” sobre eses resultados, especificamente, en zonas con centros escolares, aos que non se lles informou dos problemas na calidade da auga.

Así mesmo, no escrito, o grupo denunciante tamén sinala que a concesionaria realizaba purgas na rede de abastecemento naqueles puntos problemáticos, para modificar os parámetros de análises e dar aparencia de que non había valores irregulares.

Na denuncia presentada ante Fiscalía, Marea de Vigo lembra que son os concellos os que, por lei, deben garantir que a auga fornecida a través da súa rede é apta para o consumo humano, e que se a calidade da auga sofre modificacións, a concesionaria debe pór en coñecemento da administración e, a través dela, dos cidadáns, os posibles riscos.

Segundo incidiu Rubén Pérez, as análises demostraron que a auga da traída en Vigo, polo menos desde finais de decembro, non satisfacía os valores óptimos recolleitos na normativa.

Domaio Protesta.
Rubén Pérez (Marea de vigo), nas protestas de Rande / Miguel Núñez

Ademais, lembrou que o goberno de Abel Caballero prorrogou o contrato a Aqualia nun acordo que tiña como contrapartida un plan de investimentos na cidade. Estes investimentos centráronse, criticou, na realización de humanizacións, instalación de sebes decorativos e mesmo festas de barrio, pero non se acometeron as obras que os técnicos urxían xa hai anos para mellorar a rede, entre elas, a modernización da planta potabilizadora de O Casal.

Finalmente, Rubén Pérez tamén apuntou que, a pesar de que os portavoces autonómicos d”deixaron caer de maneira velada” que a auga de Vigo non era de calidade, “a Xunta non foi clara” e non actuou de maneira tallante, como si fixo en Ferrol en 2015, decretando a alerta sanitaria en 24 horas.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...