InicioVigo e contornaVigoPor que os turistas visitan Vigo?

Por que os turistas visitan Vigo?

As Illas Cíes, o Casco Histórico ou a gastronomía son as razóns que din os turistas que lles atrae de Vigo. O perfil dos mesmos é de mediana idade e cun gran poder adquisitivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sector turístico en Vigo segue a medrar sen parar. Nos primeiros sete meses do ano, con agosto aínda sen contabilizar, as chegadas de visitantes ascenden a 229.000, é dicir, un 0’33% máis que no mesmo período do ano pasado. Pola súa banda, as pernoctacións ascenden a 443.000, un 1% máis. A partir destes datos pódese concluir que de media os turistas que visitan a cidade quedan case dúas noites.

Segundo un estudo da Xunta, o primeiro motivo de que os turistas recalen en Galicia é o medio natural e o paisaxe do país (42’5%), seguido pola enogastronomía (25’8%) e o descanso (24’9%). Vigo posúe unha das contornas naturais máis destacables de toda Galicia: As Illas Cíes, que son un gran reclamo turístico.

Paula Rivera, que traballou ata fai pouco tempo no posto de venda de billetes das Illas Atlánticas, explica que é máis común que os turistas vaian a Cíes mentres que as persoas locais ou das Rías Baixan opten por Ons: “A xente de aquí foi a Cíes moitas veces, polo que para descubrir cousas novas vai para Ons por cambiar un pouco”.

Illas Atlanticas
Praia de Rodas, nas illas Cíes / © Miguel Nuñez

En canto á nacionalidade das persoas que acoden ás Illas, lembra que había unha maioría de persoas españolas, pero indica que as persoas estranxeiras eran unha porcentaxe para nada desprezable: “Son moi comúns os franceses, ingleses ou alemáns”, explica Rivera.

Por outra banda, o perfil que elabora é dunha persoa de mediana idade e cun gran poder adquisitivo: “Obviamente eu non lles vin o que tiñan ou o que deixaban de ter no peto, pero dende logo non parecía que se queixaran polo prezo dos billetes á Cíes”. O prezo da viaxe durante xullo e agosto é de 18’50 euros, mentres que en temporada baixa descende a 16 .

EXPERIENCIAS

Pol e Rubén, de Barcelona, visitaron precisamente as Illas Cíes fai uns días: “Son moi bonitas e están moi coidadas, realmente é un medio natural incrible”, destacan. Levan en Galicia unha semana e antes de ir a Vigo, estiveron en Compostela e Pontevedra: “Pensamos que non é unha ruta habitual, pero nos gusta descubrir e ver todo ben cando viaxamos”. O que máis destacan da súa estancia en Galicia é por unha banda a Catedral de Santiago que cualifican de “xoia arquitectónica” e o Casco Vello de Vigo polo cheo de vida que está e o amable que é a xente.

John e Jessica son un matrimonio inglés que leva dúas noites en Vigo. “Coñecemos a cidade nun cruceiro que fixemos o ano pasado, gustounos moito polo que decidimos volver este verán”. O que máis lle gusta á parella é a amabilidade da xente os “lugares románticos” que ten a cidade e o que menos, o transporte: “Realmente agora que levamos uns días aquí, dámonos conta do mal comunicada que está a cidade, iso ten que cambiar”, reclaman.

Casco vello de Vigo / © Miguel Núñez.

Juan, sevillano, tamén destaca a amabilidade dos vigueses. Esta é a terceira vez que visita a cidade: “As outras dúas veces foron por compromisos laborais, pero por fin podo desfrutar da cidade con tranquilidade”. Tamén destaca a gastronomía e comenta que para el é imprescindible subir ata O Castro cada vez que ven aínda que sexa nun pequeno oco: “Paréceme un sitio impresionante e demostra unha configuración da cidade curiosa e atraínte”, comenta.

ÚLTIMAS

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

As obras da bancada de Gol comezarán a finais de xaneiro e a Avenida de Madrid en marzo, anuncia Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as obras da bancada de Gol...