InicioSociedadeVigo xa ten conexión 5G, pero aínda non é demasiado aproveitable

Vigo xa ten conexión 5G, pero aínda non é demasiado aproveitable

Só 15 cidades españolas contan con este servizo, pero os usuarios dificilmente se poden beneficiar del, xa que a velocidade aínda é baixa, só o oferta unha operadora telefónica e unicamente hai catro dispositivos móbiles compatibles con este tipo de navegación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 5G, a nova rede de navegación ata cen veces máis rápida que o 4G, é unha realidade aínda bastante limitada en España, xa que só está presente en 15 cidades, entre elas Vigo e A Coruña. Ademais, por agora só é compatible con catro ‘smartphones‘ e unicamenta o oferta unha operadora telefónica.

Ao atoparse no inicio do establecemento desta rede de navegación, o límite de uso da rede 5G estará ao redor de 1Gbps. A medida que se liberen redes para este servizo de banda de 700 mhz, a velocidade irá en aumento, de maneira que chegará a alcanzar algún día os 10 Gbps.

O 5G é unha tecnoloxía innovadora que permite superar a velocidade que a maioría de usuarios temos na casa ou no traballo. A velocidade de navegación do 5G é ata 100 veces superior ao 4G, é dicir, con esta tecnoloxía é posible ver un vídeo 4K en ‘streaming’ en alta calidade sen esperas ou descargar a aplicación máis pesada nuns segundos.

Outra gran vantaxe do 5G é que elimina case por completo o temido ‘lag’ (retardo) tanto en videoxogos como en vídeos en ‘streaming’, debido á súa baixa latencia. Ese atraso entre o que sucede no videoxogo ou na vida real e o que ve o usuario na súa pantalla será “inexistente”, como apuntan desde o comparador de tarifas de telefonía e internet Roams.

No caso dos videoxogos en liña, por exemplo, a eliminación do ‘lag’ abrirá o mundo competitivo dos ‘eSports’ para ser xogado de forma diferente con esta tecnoloxía.
Os vídeos en ‘streaming’ tamén notarán unha mellora de calidade que poderán reproducir 4K ou superior, xa que as plataformas que utilizan este tipo de transmisión optimizan o contido a 1080p para conexións estándar de 4G, que será o estándar en tres anos, como moito.

O 5G EN ESPAÑA

Actualmente, en España Vodafone é a única operadora que ofrece conexión 5G, aínda que Movistar, Orange e o grupo MásMóvil teñen previsto contar con esta rede proximamente. Iso si, os usuarios necesitan ter un ‘smartphone’ compatible coa conectividade 5G e actualmente só se comercializan catro dispositivos con esta tecnoloxía.

Como explican desde Roams, Movistar e MásMóvil parece ser que pretenden ter o servizo ou ben a final deste ano ou a comezo do 2020, mentres que Orange prefire esperar a que a tecnoloxía estea máis asentada.

As 15 cidades que dispoñen desta rede de alta velocidade, ademais da Coruña e Vigo, son Barcelona, Bilbao, Xixón, Logroño, Madrid, Málaga, Pamplona, Santander, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Vigo, Vitoria e Zaragoza.

Polo momento, e segundo o servizo actual de Vodafone, o uso do 5G non afectará directamente á factura do móbil. No entanto, desde Roams aseguran que “non é descartable que algunha operadora poña un custo extra ao servizo“. De feito, explican que “en Vodafone funciona un sistema de límite de velocidade que se asemella a pagar unha cantidade superior por optar a máis velocidade. É dicir, aínda que esteas en territorio con rede 5G, a velocidade de conexión é baixa salvo que se contrate a oferta que a inclúa”.

ÚLTIMAS

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...

A sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9 millóns e 4 anos de cárcere para o acusado

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 4 anos de prisión a Francisco...