InicioSociedadeA cultura galega vai á praia

A cultura galega vai á praia

Temperaturas en ascenso no sur de Pontevedra, consideradas por Meteogal como "moi altas para este período".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Día das Letras Galegas coincide coa subida das temperaturas no sur de Pontevedra. Así, en Vigo hoxe, segundo datos de Meteosat, xa se rexistraron unhas temperaturas  máximas de 26.2 grados centígrados, sen baixar as mínimas de 13 grados. Non se espera ningunha precipitación, e escasas nubes, nos próximos cinco días. Acabariamos a semana das Letras sen baixar o termómetro máis aló dos 12 grados, e superando os 20 durante a maior parte dos días.

A calor, por suposto, non será exclusivo da cidade de Vigo. De tal xeito, non son esperables tampouco xornadas de choiva nos Concello de Cangas, Ponteareas, Redondela, Nigrán ou Baiona en ningún momento do que resta de semana. Si que poderían chegar algunhas chuvias este sábado para o Concello de Tui. En xeral, as temperaturas previstas oscilando sempre por debaixo dúas 30 graos, pero co verán chamando xa ás portas e a cidadanía galega, hoxe de celebración, ateigando as principais praias do país.

Pola súa banda, Meteogal coincide nestas interpretacións, e a súa previsión para os próximos días para Vigo é: “Ceos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán moi altas para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios. No referido ó estado da calidade do aire, manterase admisible en xeral”.

 

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...