InicioSociedadeA Policía Local de Vigo recorda a normativa con respecto aos cans...

A Policía Local de Vigo recorda a normativa con respecto aos cans perigosos, con sancións de ata 15.000 euros para o infractor

Os axentes interceptaron aos donos de dous cans que paseaban sen boceira este mesmo luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este luns ás 20:50 horas, axentes da Policía Local de Vigo foron requiridos a través da
Central de Información e Mando para que acudisen á rúa Conde de Torrecedeira,
debido a que un can de raza potencialmente perigosa atopábase solto e sen boceira.
Unha vez no lugar os actuantes observaron que unha moza tiña un can de raza Pit Bull
suxeito cunha correa e sen boceira, polo que se entrevistaron coa muller.

A moza de 29 anos de idade, manifestou que o animal era seu, que tiña 4 anos de idade, así como que non tiña licenza nin ningún tipo de documentación relativa ao can.
Os Axentes comprobaron que ademais non dispoñía de microchip, informando á súa dona que sería retirado para a protectora de animais e que para recuperalo tería que obter a correspondente documentación, indicándolle os pasos a seguir.

Informóuselle a demais que sería sancionada por non dispoñer da boceira, microchip, así como non ter a documentación relativa á posesión de cans potencialmente perigosos.

O mesmo día, os axentes desta Policía Local tomaron medidas contra o propietario doutro can de raza potencialmente perigoso. Os feitos aconteceron na rúa Teixugueiras sobre as 15:30 horas, cando os Policías tras ser requiridos por unha nova queixa cidadá presentáronse no lugar, podendo observar a un can de raza Bull Terrier solto e sen boceira nun xardín detrás dun edificio.

O propietario de 36 anos de idade, manifestou aos actuantes que como o can era maior, xa non tramitou a documentación correspondente e que só tiña o microchip, a tarxeta do R.E.G.I.A.C ( rexistro galego de identificación de animais de compañía) e a cartilla de vacinación. Os axentes, tras comprobar a veracidade do descrito, informáronlle dos pasos a seguir para obter a documentación necesaria, así como que sería proposto para sanción.

Nos casos anteriores, os propietarios estaban incurriendo en infracciones graves e moi
graves con sancións que van desde os 300,52 euros, ata os 15.025,30 euros.

obrigacións

Polo tanto, recordan que os propietarios dun animal considerado potencialmente perigoso,
deben obter:

-Unha licenza administrativa no Concello onde resida (sendo renovada cada 5 anos)
-Debe inscribilo no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos (no prazo
de 15 días a partir de obter a licenza administrativa).
-Debe identificalo (microchip, obligatorio para todos os cans sen excepción).
-Teñen que que levar aos cans pola rúa e lugares públicos suxeito con cadea (non
extensible e menos de 2 metros), boceira, licenza municipal e certificación acreditativa da
inscripción do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos e ademais non levar máis dun can desta raza ao mesmo tempo.

As sancións contempladas para os casos mencionados son as seguintes:

-A carencia de licenza municipal para a tenencia dese tipo de cans, constitúe unha
infracción moi grave sancionada con multa de ata 15.025,30 euros.
-A carencia de seguro de responsabilidade civil, é unha infracción grave tipificada na Lei
de Protección e benestar de animais de compañía con multa de ata 5.000 euros, do mesmo xeito que a de cumprir a obrigación de identificar o animal.
-Ademais, tal como mencionouse para o caso de acharse un can potencialmente perigoso en lugares públicos sen boceira ou non suxeito con cadea, a sanción pode alcanzar os 2.404,05 euros; multa que tamén procede por omitir a inscripción no Rexistro.
-Convén tamén non esquecer que os animais potencialmente perigosos que se atopen
nunha leira, parcela, terraza, patio, ou calquera outro lugar delimitado haberán de estar atados a non ser que dispoñan dun habitáculo cunha superficie, altura e cerramiento adecuado para protexer ás persoas que se acheguen a estes lugares.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...