InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo por presunta agresión á súa parella diante...

Detido un veciño de Vigo por presunta agresión á súa parella diante dos seus dous fillos

O presunto agresor estaba a gravala cun teléfono móbil, a pesar de que ela lle pediu que non o fixese e, cando a muller tratou de arrebatarlle o terminal, foi agredida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, identificado como M.C., de 45 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por agredir supostamente á súa parella en presenza dos seus dous fillos menores.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na noite do mércores, cando unha patrulla acudiu a un domicilio da zona de Navia, alertada por un posible caso de violencia de xénero.

Unha vez alí, a muller que os avisou relatoulles que acababa de ter unha discusión coa súa parella, da que está en trámites de separación. Segundo o seu relato, o presunto agresor estaba a gravala cun teléfono móbil, a pesar de que ela lle pediu que non o fixese e, cando a muller tratou de arrebatarlle o terminal, foi agredida.

Os axentes localizaron á súa parella, quen recoñeceu o que pasara, aínda que negou que agredise á muller (que finalmente logrou sacarlle o teléfono e foi refuxiarse a casa dun veciño). Finalmente, o home foi detido.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...