A borrasca ‘Miguel’ trouxo a Galicia un temporal máis propio do inverno que destas datas, ás portas do verán. Con ventos que nalgúns puntos de Galicia superaron os 126 km/h e os 74 l/m2, ‘Miguel’ está sacudindo con forza a costa galega.
En Vigo, a Policía recibiu un gran número de chamadas por incidencias causadas polo temporal. Entre estas, a caída dunha árbore sobre un coche na rúa Tomás Alonso sen causar danos humanos, o desprendemento dunha pola que causou unha colisión entre dous coches na Avenida Arquitecto Palacios, así como máis caídas en diferentes puntos da cidade de numerosas ramas de árbores.