InicioVigo e contornaVigo"Sángranme os ollos coa 'Junta de Galicia' do señor Abel Caballero publicada...

“Sángranme os ollos coa ‘Junta de Galicia’ do señor Abel Caballero publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra”

Maru Pardal, do PP, denuncia en Twitter a deturpación dos nomes oficiais das institucións autonómicas galegas nunha convocatoria de axudas do Concello de Vigo.

PUBLICADO O

Hai un ano, o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicaba a convocatoria de axudas do Concello de Vigo para libros, material escolar e comedor para estudantes de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil, primaria e secundaria, para o curso 2018-2019. No texto en castelán, o Concello vigués falaba da “Consejería” de Educación da “Junta de Galicia”, castelanismos que foron pasados por alto, até hoxe, cando a política Maru Pardal (PP) publicaba en Twitter unha captura de imaxe daquela resolución, cos nomes deturpados.

“Sángranme os ollos coa ‘JUNTA de Galicia’ do señor Abel Caballero publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra”, escribía este xoves Maru Pardal, secretaria xeral de Novas Xeracións Europeas e que foi candidata do PP nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo, en substitución de Ángel Garrido.

En concreto, no texto, publicado o 30 de maio de 2018, recóllese, no apartado de ‘Beneficiarios’: “Alumnos/as matriculados en el curso escolar 2018-2019 en centros docentes públicos o privados concertados, en educación infantil (segunda etapa), educación primaria y secundaria obligatoria, con domicilio en el término municipal de Vigo. No podrán acceder a las ayudas de comedor municipales los/las alumnos/as matricularos/as en centros docentes públicos no universitarios dependientes de la Consejería con competencias en materia de educación de la Junta de Galicia que cumplan los requisitos para acceder a las ayudas de comedor reguladas en el Decreto 132/2013, del 1 de agosto”.

Ante tal deturpación, Maru Pardal engadiu no seu chío en Twitter: “Traicionaríalle o subconsciente ou o Google Translator? Lea un bo manual de estilo”.

Pardal sinalaba o Manual de Estilo do Diario Oficial de Galicia (DOG), que indica: “Nos nomes das institucións de ámbito autonómico galego mantense en galego a categoría da entidade e tradúcese a área de actuación”. Así, “na denominación do goberno autonómico galego”, este “débese manter inalterado”, sendo sempre Xunta de Galicia, tanto en galego como en castelán. Engade, ademais, que “na denominación das consellerías se mantén Consellería en galego”, tamén cando se escribe en castelán.

Convocatoria de axudas do Concello de Vigo, cos castelanismos “Consejería” e “Junta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Rescatado o corpo sen vida dun home despois dun accidente co seu kaiak en Fornelos de Montes

Os Bombeiros do Porriño rescataron o corpo sen vida dun home tras sufrir un...

Máis de mil persoas de loito en Moaña para reclamar o regreso do PAC ao concello

Máis dun milleiro de persoas volveron a saír á rúa vestidas de loito no...

O PP vigués acusa ao Goberno local de non tomar nota por repetirse “os atascos monumentais” do pasado Nadal

O concelleiro do PP de Vigo Fernando G. Abeijón reprochou ao Goberno local que...

Arde un alboio en Gondomar sen que houbesen danos persoais

Un incendio calcinou por completo un alboio do lugar de Paraboa, na parroquia de...