InicioSociedadeA CIG acada novamente a maioría na Xunta de Persoal da Universidade...

A CIG acada novamente a maioría na Xunta de Persoal da Universidade de Vigo

Cun 72% de participación, a formación de Xan Cebro obtivo 139 votos fronte aos 121 de UGT. A nova xunta estará integrada por sete delegados da CIG e seis de UGT.

PUBLICADO O

O persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo volverá estar representado por unha Xunta de Persoal con maioría da CIG, despois que a formación sindical que encabeza Xan Cebro obtivese hoxe 139 votos, fronte aos 121 acadados pola candidatura da UGT, encabezada por María Moreira. Un total de 291 persoas, do total de 401 que integran o censo do PAS funcionario nos tres campus, participaron na elección da nova Xunta de Persoal, que a partir de agora estará formada por sete delegados da CIG e seis de UGT.

Cun 72% de participación do total do censo, nas eleccións celebradas este xoves emitíronse nas mesas de Vigo e Pontevedra 254 votos e en Ourense 37, dos que: 139 foron para a CIG, 121 para UGT, 22 brancos e nove nulos. En canto á distribución de votos ás candidaturas por campus, CIG obtivo 118 en Vigo e Pontevedra e 21 e Ourense, mentres que UGT acadou 113 en Vigo e Pontevedra e oito en Ourense.

Xan Cebro, María José Ríos, Henrique Macías, Benedicta Expósito, Mónica Zas, José Antonio Gándara e Raquel Iglesias en representación da CIG e María Moreira, José Manuel Sóñora, Mónica Méndez, Estefanía Varela, Teresita del Niño Jesús Aboal e Patricia Outeiral, por parte de UGT, conformarán a nova Xunta de Persoal.

Nas anteriores eleccións á Xunta de Persoal, celebradas o 25 de abril de 2014 exerzeran o seu dereito a voto 311 persoas, das que 182 apoiaron á CIG e 113 a UGT.

Resultado de castigo e compromiso de apoio

Xan Cebro, que revalidará o seu cargo de presidente á fronte do órgano de representación do PAS funcionario, lamentou que a CIG non fose quen estes últimos catro anos de acadar resultados visibles para o persoal, “que si tivo a percepción de que nós algo tivemos que facer mal e pagamos cos resultados eses catro anos, onde houbo un clima no que non captaron a mensaxe que había desde a Reitoría que impedía os obxectivos marcados pola CIG, senón que eramos responsables como representantes dos traballadores”.

Xan Cebro asegura afrontar con ilusión unha etapa cun novo equipo de goberno e unha nova xunta, ao tempo que sinala que “esperamos que sexa un novo período de unión no seo da Xunta de Persoal e traballemos todos nun mesmo sentido”.

Pola súa banda, María Moreira, afirma “estar moi contenta”, aínda que UGT non acadase a maioría. “Eramos unha candidatura moi nova, a metade eramos completamente novos nestes temas sindicais e cremos que tivemos un resultado moi bo, con moito apoio e con moitas ganas de traballar”, asegura.

ÚLTIMAS

Detido un home pola súa suposta vinculación co crime da maleta

A Policía Nacional detivo na mañá deste venres a un home pola súa presunta vinculación co...

Vigo rexeita o “caciquismo” do PP na deputación ao “censurar” a relatoras por “causas políticas”

O pleno de Vigo aprobou este venres, cos votos do PSOE e do BNG, unha...

O PPdeG anuncia a “reconstrución” do partido en Vigo “coas mans libres” dos militantes

A xunta xestora do PP de Vigo, presidida por Ana Ortiz, presentouse este mércores formalmente...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo,...